Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Negreira acomete melloras nos centros educativos de cara o novo curso

negreira-arranxos-colexios-slide-26-agosto-2024_r

Bisbarra, 27 de agosto do 2024 – O concello de Negreira última os traballos de arranxo e mellora da escola infantil e do Colexio de Educación Infantil e Primaria, CEIP, O Coto.

O obxectivo do goberno de Negreira é que se atopen nas mellores condicións de cara ao comezo do curso. Na escola infantil estanse pintado de varias aulas; arranxando portas e proteccións para os nenos e nenas e cambiando luminarias. Por outra banda  procedeuse a unha limpeza e desinfección a fondo de todo o recinto.

Nova zona de xogos no CEIP O Coto

No caso do CEIP o COTO  o concello de Negreira está mellorando a accesibilidade ademais de acometer un mantemento dos interiores das portas e de varias dependencias. Procedese tamén ao lavado das beirarrúas, patios e parques de xogo.

Ademais estase preparando un novo patio infantil entre o comedor e as aulas de infantil. Unha nova zona acondicionada co céspede artificial retirado fai un mes do campo de fútbol de Cepelo. Este novo espazo será un área de xogos con maior seguridade para os máis cativos. Na actualidade queda por colocar o novo céspede, e instalar un balado perimetral que reforce a seguridade dos nenos cando saían a xogar. Todas as obras están sendo acometidas pola brigada municipal.

Reclamacións á Consellería

As obras recibiron a visita do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, que lembrou que moitas de estas melloras foran demandadas pola dirección do centro. O rexedor aproveitou para reclamar da Consellería de Educación cumpra o compromiso adquirido polo Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, na visita realizada ao centro en decembro do 2023.

A visita de Cabana fora solicitada polo alcalde atendendo a petición previa da dirección do centro e despois de contrastar as deficiencias da instalación.

En aquel encontro o Xefe Territorial comprometerase a realizar un arranxo das filtracións da cuberta e fachada; subministrar un pavimento para comprobar si minimizaba o risco de esbarar no patio interior de columnas; e, o máis importante, acometer a reforma integral da instalación eléctrica.

Todas estas deficiencias foron reflectidas nun informe encargado a un Organismo de Control Autorizado, OCA, e remitidas á Consellería de Industria. A un mes do comezo do curso, e seis meses despois do envío da OCA, a Consellería ven de emitir un certificado negativo e sen acometer ningunha mellora.

Manuel Ángel Leis esixe que dende a Consellería de Educación aprecien a gravidade da situación, se tomen as medidas oportunas canto antes e se resolvan os problemas da instalación para que se poida empezar o curso con normalidade, polo ben da veciñanza e dos cativos.

Post navigation

Previous: Recuperación dun bosque de ribeira na Cruz do Avelán, en Dodro
Next: Mina Touro O Pino NON lembra que a ameaza de apertura segue existindo

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.