займ срочно

Negreira pide que os maiores de oitenta anos sexan vacinados no centro de saúde

0

Bisbarra, 7 de outubro do 2022 – O concello de Negreira remitiu á Xerencia da Xestión Integrada de Santiago e á Consellería de Sanidade que vacine as persoas maiores de 80 anos no Centro de Saúde da vila.

O chamamento para administrar a cuarta dose de vacina contra a Covid obriga a moitos maiores a desprazarse ata a Cidade da Cultura de Santiago. Desde o equipo de goberno de Negreira explícase que se trata dunha instalación, para os maiores de Negreira, bastante afastada e inaccesible.

Por esta razón o concello pide que os maiores de 80 anos poidan ser vacinados na propia vila xa que moitos “teñen problemas de mobilidade, ou non dispoñen de medios materiais ou persoais para desprazarse ata Santiago”.

 No escrito remitido a Xerencia, o alcalde, Manuel Ángel Miguez,  sinala que “Sería moito máis eficaz e beneficioso para o Sergas, xa que garantirían unha maior asistencia de persoas, e para a veciñanza, sería máis accesible e menos prexudicial desprazarse ó mesmo centro de saúde”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies