Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Negreira remata o plan de limpeza de marquesiñas

negreira-limpeza-marquesinas-slide-28-outubro-2024-(1)_r

Bisbarra, 28 de outubro do 2024 – O concello de Negreira ven de rematar un plan de limpeza de marquesiñas e áreas recreativas de todo o concello. A isto engádese a limpeza de beirarrúas realizada polos distintos obradoiros de emprego.

Os traballos nas marquesiñas e áreas recreativas foron levados a cabo pola brigada municipal de obras. O obxectivo da iniciativa foi mellorar a imaxe de distintos espazos públicos e conseguir un entorno  máis respectuoso coa veciñanza.

A campaña consistiu na limpeza a fondo de maleza, pintadas, retirada de carteis e lixo, e mellora da imaxe xeral. Establecéronse como prioritarias as marquesiñas pola climatoloxía sufrida nas últimas semanas e en previsión de que continúe o mal tempo de agora en diante.

O Concello de Negreira apela á colaboración da veciñanza para manter estas infraestruturas en boas condicións. Lembra ademais que a limpeza dos espazos públicos é unha responsabilidade compartida entre concello e veciñanza. Hai que destacar ademais que a normativa municipal prohibe a colocación de carteis publicitarios en zonas non habilitadas para ese uso.

Segundo o alcalde Manuel Ángel Leis,  “este tipo de accións reforzan o noso compromiso co entorno e coa atención ás demandas dos nosos veciños e veciñas, sendo importante a colaboración de todos e todas para manter a nosa vila limpa e atractiva. Estamos aquí para servir e mellorar a calidade de vida en Negreira, sendo conscientes dos medios dos que dispoñemos e priorizando cada vez que programamos os traballos da brigada municipal”.

Post navigation

Previous: Consello da Cultura, Ponte nas Ondas e Concello de Santiago conmemoras o mes do Patrimonio
Next: Preocupación en Padrón polo abandono de enseres na vía pública

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.