Negreira, 19 de xuño do 219 – O concello de Negreira acollerá o 14 de xullo, en horario de mañá, unha proba da Liga Autonómica de Agility.
O campo municipal Jesús García Calvo, no Complexo Deportivo de Pedra Mámoa, é o lugar elixido. A cita coa undécima proba da Liga Autonómica de Agility será en horario de mañá. A competición está organizada polo Club de Agility Mascoguaou, en colaboración co Concello de Negreira, e o apoio de diversas firmas comerciais.
O Agility é un deporte en auxe e no que participan cans e persoas. Consiste en guiar ao can para que percorra un circuito cheo de obstáculos, no menor tempo posible, coa maior precisión e co mínimo número de erros ou faltas.
O director da proba será o presidente do Club Mascoguaou, Jorge Vázquez Álvarez, quen forma parte do Comité Organizador xunto ao presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Díz, o secretario xeral da Federación Galega de Caza, José Moure Caneda, e mailo presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, José María Álvarez Villar. Actuará como xuíz da proba, Félix Fernández Traseiras.
Horario da proba
09.30 horas – Entrega de documentación
10.00 horas – Promoción
12.00 horas – Competición
14.00 horas – Iniciación