Negreira, 8 de abril do 2019 – A Casa da Cultura do Concello de Negreira acolle a partir das 8 de esta tarde a inauguración da exposición do fotógrafo catalán Francesc Boix, preso e retratista dos horrores do campo de concentración nazi de Mauthausen.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) e o Concello de Negreira organizaron a mostra destas fotografías, que foron parte das probas no xuízo de Núremberg, e que pretenden amosar a realidade dos españois nos campos de concentración e de exterminio
nazis. En Galicia foron deportadas 179 persoas, das cales morreron 106, o que constitúe unha taxa de mortalidade do 59%. Esta exposición serve de axuda nas investigacións sobre a historia dos galegos e galegas que pereceron nos campos de exterminio, e aos que agora se quere homenaxear.
Na inauguración da exposición tamén se proxectará o vídeo documental “Francisco Boix, un fotógrafo en el infierno”. Intervirán o alcalde do municipio, Jorge Tuñas Caamaño, a investigadora galega da ARMH, Carmen García-Rodeja, e os familiares dos deportados. No acto tamén
haberá unha actuación do grupo Na Quinta.
O día 10 continuarán as actividades coa conferencia da investigadora María Torres ás 20:00 horas. Nela falarase dos deportados aos campos de concentración.
Completará a mostra a proxección da película “El fotógrafo de Mauthausen”.