Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Negreira renderá homenaxe a Avelino García García, deportado en Mauthausen

O vindeiro venres o concello de Negreira renderá homenaxe a Avelino García García, deportado en Mauthausen e veciño da parroquia de Liñaio.
negreira-homenaxe-sobrevivinte-mathausen-slide-9-setembro-2022_r

Bisbarra, 9 de setembro do 2022 – O vindeiro venres, día 16, o concello de Negreira renderá homenaxe a Avelino García García, deportado en Mauthausen e veciño da parroquia de Liñaio.

O acto terá lugar as oito da tarde na antiga escola unitaria de Liñaio. No transcurso do evento presentarase o libro “Avelino García García: Raigames profundas” de José Manuel López Tuñas e que narra a vida de este sobrevivente do campo de concentración nazi de Mauthausen.

Tratase dun chanzo máis do traballo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). Despois de moitos anos de traballo, o investigador José Manuel López Tuñas foi quen de sacar á luz a vida do home de Maio Pequeno, un lugar da parroquia de Liñaio.

O acto conta coa colaboración do Concello de Negreira e maila Asociación de Veciños “O Teleclub”. A edición do libro foi cofinanciada pola Deputación da Coruña e a ARMH. Intervirán Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira e presidente da Asociación de Veciños “O Teleclub”; Carmen García-Rodeja Arribí, voceira da ARMH Galicia e José Manuel López Tuñas, autor do libro.

Haberá outras intervencións xunto coa actuación musical de Carmen Torreiro. Os asistentes serán obsequiados cun exemplar do libro “Avelino García García: Raigames profundas”, e a AAVV “O teleclub” ofecerá uns petiscos.

Avelino Garcia García

Cando as primeiras patrullas da II División do Terceiro Exército do Xeneral Patton fixeron a súa entrada no campo de exterminio de Mauthausen, o 5 de maio de 1945, o corazón de “Avelino da Xalleira”, como era coñecido entre os seus conveciños, voou na distancia, sen dúbida, a Maio Pequeno. Esta aldea da parroquia de Liñaio en Negreira foi onde pasou parte da súa infancia na compaña da súa nai Isolina.

O campo de concentración de Mauthausen, en Austria, foi o destino que agardou a case 10.000 republicanos españois que ao final da Guerra Civil se refuxiaran en Francia. Entre eles, cerca de 200 galegos caeron vítimas dos nazis no que foi cualificado como un xenocidio, un dos crimes máis sanguinarios da historia da Humanidade.

Procedentes de diversos lugares das catro provincias, na meirande parte das localidades costeiras, só uns poucos sobrevivirían en 1945, cando o campo foi liberado polas forzas aliadas.

Avelino García García emigrou a Francia con 15 anos, en 1929, e retornou a España para participar na Guerra Civil e defender ao seu país contra o fascismo. Xunto con outros españois foi enviado a Barcelona. Formou parte da 5ª Compañía do 6º Batallón, 120 Brigada da 26 División do Exército, como un soldado máis, participando nas operacións militares que tiveron lugar contra os sublevados.

Finalizada a contenda, volveu a Francia e formou parte da Compañía de Traballadores Estranxeiros na Liña Maginot, a defensa construída ao longo da fronteira con Alemania e Italia, cavando trincheiras. Logo da invasión do país polos nazis, foi detido en maio de 1940 e xunto con outros mozos republicanos estivo recluído no stalag (campo de prisioneiros) de Fallingbostel, actual estado da Baixa Saxonia.

Foi dos primeiros deportados en chegar ao campo de Mauthausen, cunha expedición de 1.506 xoves compatriotas despois de viaxar dous días nun tren utilizado para transporte de animais. Chegaron a mañá do 27 de xaneiro de 1941.

Avelino García García foi tatuado co número de deportado 6794 que o acompañaría para sempre, xunto cos terribles pesadelos vividos nese inferno. Durante dous anos, na compaña de 300 españois, sairía todos os días a traballar nunha fábrica de motores de aviación, montando a parte metálica, pois no entorno dos campos situábanse as máis importantes empresas que utilizaban a man de obra escrava dos deportados.

Logo foi trasladado ao subcampo de Güsen a traballar nun túnel con un martelo picón, e posteriormente destinado a conducir un tren que trasladaba o material mineiro. Así foi ata dous días antes da liberación en que os alemáns abandonaron o campo.

A ledicia dos deportados comezou a esvaecerse pouco a pouco para os españois, ao seren informados de que non serían retornados ao seu país ao seren declarados apátridas polas autoridades franquistas, polo que tiñan que ficar en Francia, onde, desta volta si, foron acollidos como loitadores pola liberdade e a democracia.

Avelino comezou unha nova vida no país veciño e formou unha familia. Na localidade de Pessac (Burdeos) viviu integrado na Federación Nacional dos Deportados e Internos, Resistentes e Patriotas (FNDIRP) da que foi secretario, participando en numerosos actos públicos e oficiais.

As secuelas psicolóxicas e físicas acompañárono durante o resto da súa vida. Finou nesa localidade da Gironde, onde gozaba de moita estima, o 12 de maio de 2016 aos 102 anos de idade.

Durante toda a súa vida foi un exemplo de compromiso coa Democracia e os Dereitos Humanos e así recoñecido coa medalla de ouro ao deportado da República Francesa.

Post navigation

Previous: A Fundación Heracles cambia o seu nome a Fundación Obradoiro
Next: Deza Circular, comeza o proxecto de formación e emprego de Silleda

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.