займ срочно

Festas de Santa Margarita en Negreira

0

Bisbarra, 16 de setembro do 2022 – Setembro é mes de festas e romarías. Negreira acolle desde este domingo as de Santa Margarita.

Organizadas pola Asociación de Festexos de Negreira, en colaboración co Concello, as festas na honra a Santa Margarida, celébranse estes vindeiros domingo e luns. Este último día, luns 19, festivo na vila.

A programación comeza o domingo cedo. As nove e media da mañá II Torneo de Petanca “Concello de Negreira”, no aparcadoiro do campo de fútbol Jesús García Calvo. Os pasarrúas de ese día corren a cargo do grupo de gaitas Os Garuleiros.

As festas de Santa Margarita terán misa as dez e cuarto na Capela do Pazo do Cotón. Xa pola tarde, as sete, Festival de Bandas, na praza do Concello, coa Banda de Música Ciudad de Ponferrada e a Banda de Música Ateneo de Negreira.

O luns dezanove os pasarrúas serán cousa da coa charanga Os Celtas. Xa as doce do mediodía misa cantada na igrexa parroquial, e á saída haberá as bailas coa charanga Os Celtas.

A Santa Margarita rematará pola noite, as dez, coa verbena que amenizará a  orquestra Finisterre, no campo da feira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies