Bisbarra, 14 de novembro do 2022 – Rotundo éxito de participación nunha das probas máis consolidadas do circuíto galego de atletismo, a Clásica de Negreira.
A 41º edición da Clásica contou coa participación de 1600 atletas de todas as idades. A proba, de carácter internacional, organizouse nas habituais categorías. 10 quilómetros; 5 quilómetros; Alevín e Infantil; Benxamín; Prebenxamín, e Chupete.
Na proba dos dez quilómetros, o gañador en categoría absoluta masculina foi Peter Kariuki, seguido de Nehemiah Kipyegon e Youssef Ben Hadi, mentres que en categoría feminina a gañadora foi Joselyn Brea, seguida de Edymar Brea e Sandra Mosquera.
Na proba dos cinco quilómetros, o gañador en categoría masculina foi Daniel Álvarez e en categoría feminina Carolina Mastawesha.
O Concello de Negreira agardeceu o traballo de Protección Civil, Policía Local, Guardia Civil e das persoas voluntarias dos clubs deportivos locais, que contribuíron a que a xornada fora un éxito.