Bisbarra, 26 de agosto do 2022 – Este sábado o concello de Negreira acolle o espectáculo Endaterra a partir das dez da noite no Pavillón de Pedra Mamoa.
Endaterra é unha produción dirixida por Henrique Peón que fusiona baile e música tradicional con teatro e recursos audiovisuais. O espectáculo conta coa participación dun elenco dunhas oitenta persoas, con músicos, bailaríns, o coro e as pandeireteiras da agrupación ???????????? ?? ? ????? ?? ???????́?? ❞?? ?? ????? ?? ?????❞. Tamén participan as actrices Lucía Veiga e Marita Martínez.

O fío condutor deste espectáculo son o Camiño Inglés e o de Fisterra-Muxía. E en base a historia dunha peregrinación dunha aristócrata inglesa e a súa doncela vaise encetando un “camiño” cheo de danzas, cancións, tradicións, etc.
Endaterra conta cunha banda sonora exclusiva para o evento, composta por Ismael Marcos e Francisco Barcia.
Para poder asistir é necesario anotarse na seguinte ligazón:
https://forms.gle/BEZk35AFqhmuPh9G6.
