Bisbarra, 19 de xaneiro do 2023 – Este ano o Entroido chegará cando a memoria do Nadal aínda está fresca e o concello de Negreira é o primeiro en anunciar as novidades.
Negreira quere que este ano o Entroido sexa especial e preparou varias novidades. Un concurso e a participación de orquestras de renome serán dúas delas. Imos a contalas por orden.
Dentro dun mes, o 17 de febreiro, Negreira anticipará a Festa da fillos de Lestedo xa que a gran filloeira creada por Orlando Vázquez estará na praza do concello. Desde as cinco da tarde ata as dez da noite faranse máis de cinco mil filloas. Os cativos terán inchables e xogos e a partir das once da noite a festa vai por conta da Orquestra Olympus e o Dj Marcos Magán.
O sábado 18 terá lugar o desfile de carrozas e comparsas. As catro da tarde reuniranse no Campo da Feira e desde as cinco pasarán pola Carreira de San Mauro para as oito e media entregar os premios e disfrutar coa actuación de Claxxon na Praza do Concello.
CONCURSO DE CARROZAS E COMPARSAS
CARROZAS COMPARSAS IND./PARELLAS GRUPOS
1º 1.000 € 1º 1.000 € 1º 100 € 1º 200 €
2º 500 € 2º 500 € 2º 80 € 2º 150 €
3º 200 € 3º 200 € 3º 50 € 3º 100 €
4º 100 € 4º 100 €
1º accésit 60 € 1º accésit 60 €
2º accésit 60 € 2º accésit 60 €
Premio simpatía “Juan Varela Areoso”: 60 €
Xa para o luns 20 terá lugar a Festa Infantil De Entroido, onde haberá talleres, inchables e sorteos entre os nenos/as disfrazados.