Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Negreira demanda á Xunta colaboración enmateria sanitaria, educación e infraestruturas

negreira-colaboracion-xunta-slide-12-novembro-2024_r

Bisbarra, 12 de novembro do 2024 – A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse, co alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, para abordar as necesidades do municipio.

No encontro tratourse a renovación ou reforma do centro de saúde. A delegada confirmou que a Consellería de Sanidade está a analizar esta demanda, para o que os técnicos do departamento xa realizaron unha visita ás instalacións.

Outro dos temas do encontro foron as obras realizadas no CEIP o Coto de substitución da súa cuberta e renovación das fiestras nas que se investiron máis de 225.000 euros para mellorar a sostenibilidade e confort deste centro educativo. Manuel Ángel Leis lembrou a necesidade de mellorar a súa accesibilidade e o sistema eléctrico.

O rexedor tamén trasladou propostas en materia de saneamento e de infraestruturas. Unha das inicitivas é a mellora da seguridade vial coa construción dunha rotonda na AC-556 na contorna do polígono empresarial de Cobas, que optimizaría a mobilidade nesta zona.

Finalmente, o alcalde solicitou a colaboración da Xunta para poder empregar as instalacións da Unidade de Acción Formativa que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten neste municipio.

Neste ámbito, o alcalde trasladoulle o seu agradecemento polos obradoiros de emprego nos que que participa este municipio por ser de gran utilidade para a mellora da empregabilidade dos seus veciños.

Pola súa parte, Belén Campo recolleu todas a súas propostas e manifestou o compromiso da Xunta por manter e reforzar o apoio aos concellos galegos.

Post navigation

Previous: Este xoves comeza Cinema Miúdo en Ames
Next: Dixitalizar os pequenos concellos

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.