Negreira, 7 de agosto do 2019 – A decimo terceira Feira do Románico de Negreira celebrarase desde o próximo 30 de agosto ata o 1 de setembro.
O concello busca en esta edición consolidar un crecemento en postos e en calidade. A empresa Legend, con máis de 20 anos de experiencia, será a encargada de organizar a Feira do Románico aportando interesantes novidades. Un dos espectáculos que máis público atraerá será o das xustas a cabalo que se celebraran sábado e domingo. A procesión dos errantes será outro dos eventos que servirá ademais para pechar a feira.
Crecer e mellorar
O alcalde, Manuel Ángel Leis, explicaba o interés do concello en subir o nivel de calidade da Feira pero tamén ampliala, na medida do posible, en número de postos.
A preguntas dos xornalistas explicaba tamén o esforzo que se ven facendo nos últimos anos para que os postos sexan rigorosos coa ambientación. sobre todo a musical, e para que o civismo esté presente en todo momento
Un cartaz xa distintivo
O cartaz da Feira é cada ano un dos símbolos que a identifican. Sempre se rende homenaxe a un persoaxe e este ano trátase do trobador Afonso Eanes do Cotón. Os modelos escollidos foron María, Alexandre e Bocinas. Desde o concello agradecen a colaboración de Chimpos que cedeu os traxes e de José de Nebra, artesán de Porto do Son que cedeu unha zanfona. A imaxe é de Bouzada de Diadelei Fotografía.
Actividades para todos os gustos
Coma sempre a Feira terá todo tipo de actividades. Postos de artesanía, un espazo para os máis pequenos cunha tirolina. Cetrería, tiro con arco. Ambientación musical e de circo pola rúas, etc. Este ano a diferenza a marcarán as xustas a cabalo que terán lugar o sábado pola tarde e, en dúas ocasións, o domingo.
Todo desde o venres 30 ao 1 de setembro en Negreira.