Bisbarra, 16 de novembro do 2022 – O concello de Negreira convoca o XII Concurso de relatos curtos e carteis gráficos “Loita contra a violencia de Xénero” que organiza o Centro de Información á Muller, CIM.
O obxectivo do certame “Loita contra a violencia de xénero” e sensibilizar á poboación sobre desta lacra social. No concurso poderán participar todas as persoas menores de 18 anos. Os traballos serán entregados no CIM de Negreira nun sobre pechado. Deberá constar un número de teléfono de contacto e en ningún caso deberá aparecer o nome da persoa participante. A identificación da persoa levarase a cabo mediante o uso dun pseudónimo.

O concurso articúlase en tres modalidades: relato curto, cartel gráfico e curtametraxes. A temática é a Loita contra a Violencia de Xénero en tódalas súas manifestacións: física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural… así como os efectos e consecuencias da mesma en tódalas persoas que a sofren.
Os traballos serán en galego ou castelán. A extensión máxima no caso do relatos serán 5 folios DIN-A4. Todas as propostas serán orixinais e inéditos. O prazo de presentación remata o 24 de novembro.
Entre tódolos traballos recibidos un xurado independente seleccionará os gañadores de cada modalidade e concederá os seguintes agasallos :
-Premio ó mellor relato curto: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.
-Premio ó mellor cartel gráfico: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.
-Premio ó mellor curtametraxe: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.
