Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Negreira
  • Xeral

I Concurso fotográfico “Día da muller rural” de Negreira

Negreira, através do Centro do Información a muller, ven de poñer en marcha o primeiro Concurso de fotografía “Día da muller rural”.
negreira-concurso-fotografia-slide-18-outubro-2022_r

Bisbarra, 18 de outubro do 2022 – O concello de Negreira, através do Centro do Información a muller, ven de poñer en marcha o primeiro Concurso de fotografía “Día da muller rural”.

O concurso conmemora a xornada do 15 de outubro, dedicada internacionalmente á muller rural. Como  obxectivo principal a posta en valor do papel da muller, recoñecéndose a súa contribución na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza no rural.

O concello de Negreira busca implicar ás persoas para que fagan chegar as súas instantáneas, nas que as mulleres deben ter un papel protagonista. Está dirixido a profesionais e afeccionados á fotografía, residentes en España, e poderán gañar un vale de 100 € para consumir no comercio local de Negreira.

 O envío de imaxes ten de prazo ata o 25 de outubro. Só se admite unha fotografía popr autor e non poderá ser unha montaxe nin conter referencias que poidan evidenciar ao autor. As fotografías terán que enviarse nun arquivo dixital (formato JPG) dun mínimo de 5 megapíxeles.

As fotografías deben ser enviadas como arquivo axunto dun correo electrónico, ou ben por WeTransfer, ao seguinte enderezo electrónico: cimnegreira@yahoo.es . No asunto do correo electrónico deberase indicar o seguinte: I Concurso Fotográfico “Muller Rural” do Concello de Negreira e o nome da persoa participante.

Máis información e documentos precisos na web municipal de Negreira.

Post navigation

Previous: Á venda unha das casas dos cóengos, parte da Fundación e Museo Camilo José Cela  de Padrón
Next: Brión contará  cun punto limpo móbil

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.