Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Negreira o día, nova canle de información vía whatsapp

O uso das redes de mensaxería como xeito de comunicación estase estendendo e agora o concello de Negreira abre “Negreira o día”
negreira-comunicacion-whatsapp-slide-10-novembro-2022_r

Bisbarra, 10 de novembro – O uso das redes de mensaxería como xeito de comunicación coa veciñanza estase estendendo e agora o concello de Negreira abre “Negreira o día”.

Trátase dunha nova canle de información vía Whatsapp. O obxectivo de Negreira o día é manter á veciñanza informada de todo o que sucede na vila, a través do móbil e de xeito instantáneo.

A canle informará da actividade municipal, axenda cultural, obras, avisos urxentes e outras noticias e informacións de interese. O alcalde, Manuel Ángel Leis, explica que “Con esta nova canle, damos un novo paso para axilizar, dinamizar e garantir unha correcta información aos veciños e veciñas”.

O servizo consiste nunha lista de difusión, non é un grupo no servizo de mensaxería, polo que os usuarios non terán acceso aos datos ou información do resto dos rexistrados na canle de WhatsApp.

Para acceder a esta canle de whatsapp do Concello de Negreira, só hai que agregar á axenda de contactos o número de teléfono 609 704 109 e enviar unha mensaxe coa palabra ALTA.

Post navigation

Previous: Rois constata que, aínda con máis nacementos, segue a perder poboación
Next: Setecentos nenos xogarán aos peóns este venres en Brión

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.