Negreira, 27 de abril do 2020 – O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, confirmaba esta fin de semana a compra de 7.000 mascarillas para os veciños da vila.
As mascarillas son de tipo FFP-2 KN-95 homologadas e compren coas medidas de seguridade en materia sanitaria. En canto sexan recibidas serán distribuídas pola agrupación de Protección Civil, a Policía Local e operarios municipais.
Leis Miguez explica que “Temos que seguir apostando por medidas o máis axeitadas posibles para contribuír a conter a expansión desta pandemia e que entre todos consigamos saír adiante”.
Só 7 contaxios activos
A coordinadora do centro de saúde de Negreira informaba ao concello o pasado venres de que o número de contaxiados xa se reducira con respecto a semana anterior, obtendo uns resultados moi positivos. Na actualidade Negreira ten 6 infectados co protocolo activado de corentena, un hospitalizado, e 6 altas que se deron xa durante este estado de alarma.
Comezo dos test
Por outro lado dende o centro de saúde informaron asi mesmo que a partires de hoxe luns comezarán a realizar uns 170 test a persoas máis vulnerables e con maior risco de contaxio e que foron citadas polo Servizo Galego de Saúde, tras ser elixidas aleatoriamente.
Dende a alcaldía trasladóuselle a máxima colaboración poñendo a disposición os medios e a loxística do concello por si era necesario a montaxe dalgunha carpa para levar a cabo estas probas e facilitar así tamén a labor dos sanitarios.
O mesmo tempo tamén se lle comunicaba que se solicitaron unhas alfombras desinfectantes a Consellería Política Social para instalar nas entradas do centro de saúde e así continuar coa eliminación dos virus que se poidan dispersar nestas zoas de maior tránsito de risco de contaxio.
Desinfección e precaución
Seguindo nesta liña de traballo hoxe luns está programada para as sete da tarde unha fumigación de todas as rúas do pobo con un esparcidor de salmoira de 9.000 litros de capacidade. O vehículo é propiedade da Demarcación de Estradas de Galicia, pertencente o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e foi solicitado á Delegación do Goberno en Galicia a semana pasada.
O rexedor engade que “dende o equipo de goberno temos moi claro que a saúde dos nosos cidadáns é agora mesmo o primordial polo que seguiremos pasiño a pasiño traballando arreo para seguir dotando de servizos e iniciativas que melloren a calidade de vida dos veciños e lla faciliten neste estado de confinamento; pero sobre todo que axuden a minimizar a propagación do virus e os contaxios entre a nosa poboación”.
Manuel Ángel Leis pide tamén precaución nas vindeiras semana “segundo vaia se levantando o estado de confinamento tamén queremos pedir a colaboración por parte de todos os veciños e sobre todo moita prudencia e respecto, cumprindo coas medidas de hixiene e distancia recomendadas polas distintas administracións e nunca baixar a garda para non sufrir un retroceso na contención desta pandemia e que por suposto poña en perigo a saúde do resto de cidadáns”.