O vindeiro martes Negreira presentará o proxecto que busca facer partícipe á sociedade e convertela en parte da protección da veciñanza.
Os problemas cardíacos existen pero nada pode garantir cando aparecerán. Son múltiples os factores que os provocan e en moitas ocasións que alguén cerca estea capacitado para facer unha reanimación cardio pulmonar pode salvar unha vida.

Cardioángel é unha Startup premiada pola súa innovación social en saúde nos premios nacionais ‘DKV Impacta’ outubro 2024. O proxecto ten o seu centro nunha App do móbil que pode servir de aviso se alguén está mal e que o voluntario máis próximo chegue para facer una reanimación cardiopulmonar (RCP) mentres chegan os servizos de emerxencias.
O voluntarios converterán a cidade en cardio protexida e para iso o proxecto dará a formación axeitada para que saiban que facer nun caso de necesidade. A presentación terá lugar o vindeiro martes día 6, día no que o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, e o CEO da Startup Cardioángel, Carlos Martínez, explicarán ao tecido asociativo e a veciñanza en que consiste o proxecto.
O vindeiro sábado día 10 a cidadanía en xeral está convidada a un adestramento gratuíto de reanimación cardio pulmonar. Será no Auditorio da Casa da Cultura de 12 a 14 horas.
Hai dous millóns de españois que sufriron un ataque ao corazón e sete millóns sofren hipertensión ou algún tipo de cardiopatía. Coa app que se presenta estas persoas, denominadas cardi@, poden mandar unha mensaxe inmediata que recibirán todos os que a teñan tamén e estean máis próximos, son os denominados @ngels; estes voluntarios teñen a formación adecuada e poden axudar mentres non cheguen os servizos de emerxencias.
Quen axude pode ser o que camiñe diante de ti ou o dono da tenda pola que acabas de pasar. Ese grupo de voluntarios son os que converten a unha cidade en cardio protexida. Negreira aspira a ser unha de estas vilas e desde o vindeiro martes pon a bases para conseguilo.