Bisbarra, 1 de decembro do 2022 – Unha das citas clásicas de decembro son as carreiras de Nadal e entre elas está a Carreira do Turrón de Negreira.

Desde o concello lembran que se trata dunha proba no que o importante e desfrutar. A cita o dia 10 a partir das catro e media da tarde. Trátase da cuarta edición de esta proba e a inscricón consiste nun quilo de alimentos que os servizos sociais de Negreira distribuirán.

Hai tres categorías con tres distancias distintas. Os biberón percorrerán cen metros. Pre benxamín, benxamín e alevín oitocentos metros con saída as cinco menos cuarto. Finalmente infantil e adultos percorrerán catro mil metros con saída ás cinco da tarde.
A inscrición está aberta ata o venres 9 de decembro ás 14:00 h. A organización lembra a posibilidade de acudir disfrazado.