Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira

Negreira aproba un plan para potenciar as oportunidades laborais da mocidade

Concello de Negreira 012 slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Negreira, 13 de marzo do 2019 – O Concello de Negreira aprobou en pleno municipal a nova proposta para impulsar o emprego entre os mozos e mozas da zona.
    • Medidas para o Xacobeo 2021

Negreira, 13 de marzo do 2019 – O Concello de Negreira aprobou en pleno municipal a nova proposta para impulsar o emprego entre os mozos e mozas da zona.

Na sesión celebrada o pasado 11 de marzo deuse luz verde de forma unánime á solicitude dunha subvención á Consellería de Política Social para poñer en marcha un maior número de accións dirixidas á mocidade. O plan pretende mellorar a formación, o emprendemento e a ocupación, así como fomentar a participación xuvenil no ámbito municipal e promover a educación non formal.

Esta proposta presentarase conxuntamente co Concello de Val do Dubra, co cal Negreira comparte necesidades nun espazo limítrofe, e co que xa colaborou anteriormente nesta materia obtendo uns bos resultados. “Cremos que é importante para ambas as administracións cooperar, como o fixemos ata agora, para levar a cabo labores locais que permitan a inserción da xente nova no mundo laboral”, explicou o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño. 

A iniciativa, que estaría enmarcada dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), inclúe formacións en novas tecnoloxías, idiomas, prospección empresarial, así como obradoiros para mellorar as habilidades nunha entrevista, entre outras accións. Todas estas accións están dirixidas a facilitar a inserción laboral deste sector da poboación. 

Medidas para o Xacobeo 2021

No pleno tamén se aprobou a colaboración entre os Concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra na solicitude conxunta das axudas para levar a cabo o proxecto “Val de vales, unha peregrinaxe polos sabores, o patrimonio e a natureza dos vales da Barcala e Dubra”. Un plan que forma parte do programa de dinamización do Xacobeo 2021 na zona. Os traballos que se pretenden levar a cabo nese ámbito incluirían medidas de desenvolvemento e impulso de áreas rurais, de promoción do patrimonio artístico, natural e cultural da zona, así como de fomento da gastronomía local.

Post navigation

Previous: Club del río este xoves nas Crechas
Next: Eleccións municipais: Oscar Vilar elixido candidato socialista en O Pino

Máis novas

Cartel da edición 2026 do Delas Fest
3 minutes read
  • Axenda

Delas Fest 2026

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Un momento da presentación da nova guía turística de Negreira
2 minutes read
  • Xeral

Nova guía turística do concello de Negreira

Valentín González e Manuel Ángel Leis despois de asinar o convenio entre a Deputación e o concello de Negreira
3 minutes read
  • Xeral

Humanización da rúa Rosalía de Castro en Negreira

A Deputada Saleta Chao con representantes do Coto
2 minutes read
  • Xeral

Problemas de accesibilidade, humidades, instalación eléctrica… no CEIP O Coto de Negreira

A derradeira lección do mestre, cadro de Castelao
2 minutes read
  • Axenda

“Castelao grafista” en Negreira

negreira 8m
3 minutes read
  • Negreira

Negreira otorga o Premio 8 de marzo para Pilucha do Piolo

1
negreira entroido 26 xaneiro 2026
2 minutes read
  • Axenda

Negreira presenta a programación do Entroido

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.