Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Negreira concede o Premio 8M á científica Olga Barca

negreira 8m SLIDE 7 marzo 2025

O galardón ten como obxectivo recoñecer a labor e o papel das mulleres vinculadas ao municipio ao longo da súa historia coincidindo co 8M.

Negreira entrega hoxe o noveno galardón anual do Centro de Información a Muller, CIM, á científica Olga Barca. O acto, que forma parte das celebracións do 8M, terá lugar ás oito da tarde no Auditorio Afonso Eanes do Cotón as 20:00h con entrada de balde.

Olga Barca Mayo é unha  científica negreiresa que destaca por ter unha carreira brillante  no ámbito da ciencia e da investigación a base de esforzo propio e traballo duro. Supón, ademais un claro espello no que a rapazada, e especialmente , as mozas pódense ver reflexadas creando así referentes que, coma no caso de Olga, cheguen lonxe debido ao estudo e o talento.

Olga Barca Mayo comezou os seus estudos no Concello de Negreira, primeiro no CEIP O Coto e logo no IES Xulián Magariños (onde comezou a súa paixón pola Bioloxía) . De ahí, pasou a USC onde cursou o grado de Bioloxía sobresaíndo nas súas cualificación.

Chegaría co paso do tempo entre outros, o Doutorado en Endrocrinoloxía sobre A Regulación da supervivencia dos astrocitos polas citoquinas involucradas na esclerosis múltiple no 2008 (Sobresaínte “cum laude”) e bolsas tan importantes coma o Programa Postdoutoral Maire Curie e o Contrato Ramón y Cajal así como estadías no extranxeiro ( Chicago, Dallas, Genova…) .

No 2020 comeza a súa andadura coma docente, papel que segue a desempeñar hoxe en día e é neste ano tamén, cando Olga se establece coma investigadora do CIMUS (Centro para a investigación da Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas)  liderando  un grupo de traballo que ten os ritmos circadianos coma eixe central. Cun currículo abraiante, con só 47 anos, a investigadora destaca a nivel non só nacional, se non mundial pola súa importante labor científica, fundamental para o entendemento das enfermidades crónicas así coma pola seu traballo divulgativo, en publicacións tan importantes coma Nature Comunications ou Cell Reports.

Post navigation

Previous: María de Nicasio será a (IN) VISIBLE 8M 2025 en Silleda
Next: Melide conmemora o 8M

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.