Negreira, 30 de agosto do 2019 – Comeza unha das citas da bisbarra no final de agosto, desde as seis de esta tarde xa podemos acudir a Feira do Románico de Negreira que chega a súa decimo terceira edición.
Hoxe a Feira do Románico abre a partir das seis con músicos e seres doutras épocas percorrendo o mercado. As sete e media o espectáculo de circo Human no Limits terá lugar na Praza do Cotón. As once e media da noite o circo transfórmase en lume nunha nova actuación de Human no Limits.
Sábado
A fin de semana intensifica a actividade desde as 11 da mañá que a abre a Feira. Os músicos e espectáculos de rúa estarán presentes tódolos días a distintas horas e o sábado as doce e media terá lugar o primeiro Gran Baile Medieval que organizará a Asociación Carnavaleiros de Liñaio no Palenque.
A Praza do Cotón, as 13 horas tamén do sábado acollerá outro dos espectáculos tradicionais na Feira, o de cetrería; unha mostra que se repetirá as seis e media da tarde.
Pero unha das novidades de esta edición, e das máis agardadas, será o Torneo Medieval que terá lugar no Palenque a partir das oito e media da tarde. As xustas a cabalo ou pe a terra ocuparán boa parte do espectáculo organizado pola empresa Legend. O Torneo repetirase o domingo a partir das 13 horas e a última actuación será tamén o domingo as 20:00 horas.
O sábado rematará co evento Quimera as dez e media da noite no Campo da Feira, cun espectáculo de Lume as doce na Praza do Cotón que será seguido dun de pirotecnia e unha gran queimada popular.
Domingo
O último día da Feira do Románico terá, ademais da cetrería e as xustas xa mencionadas, unha actuación de circo aéreo na Praza do Cotón a partir das 12,30.
O espectáculo de rúa Errantes porá fin a esta edición a partir das dez e media da noite.
Outras actividades
A feira non é só espectáculo e ao longo da fin de semana poderase visitar o mercado de artesanía, as mostras de oficios tradicionais, e os postos de actividades para os máis cativos presentes cada ano.