Bisbarra, 15 de outubro do 2024 – O xabaril sempre conviviu co home pero a falta de depredadores e de comida fixo que baixaran cada vez máis aos pobos converténdoos nunha ameaza.
A Xunta ven de declarar emerxencia cinexética, de caza, polo xabaril en 39 comarcas de Galicia. Entre eses territorios están os concellos de Negreira e A Baña. O venres pasado esta decisión facíase oficial coa publicación no DOGA.
Na práctica a publicación permite “abater ou capturar sen límite exemplares de xabarís de ambos os sexos, prioritariamente femias adultas e subadultas de calquera idade”. Aop mesmo tempo amplíanse os períodos nos que se poderá cazar.
Esta decisión comezou de facto o pasado sábado, ao día seguinte da publicación, e manterase ata o mes de febreiro. Será posible tamén “abater crías e femias sucesivas de crías a condición de que haxa unha autorización especial previa por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, de acordo con o establecido na lei de caza de Galicia”.
Os cazadores terán autorizados ó uso de medios auxiliares -como visores ópticos, detectores electrónicos de paso ou cebaderos de gran ou froitos colocados nos cultivos danados- que favorezan a eficacia e o óptimo aproveitamento cinexético, faciliten a identificación dos exemplares e garantan a seguridade das persoas.
Nas comarcas con declaración de emerxencia poderase autorizar aos propietarios afectados a realizar esperas e outra serie de medidas que complementen a actividade cinexética regrada e o control dos danos da especie establecida.
A falta dun censo oficial da especie a nivel autonómico, o incremento dos avisos e os datos de capturas obtidos, ao redor de 18.300 exemplares na tempada 2023-2024, xustifican esta decisión, segundo sinala a Xunta de Galicia.