Como abal Nava Castro presenta experiencia dabondo na xestión desde hai anos. Concelleira de Asuntos Sociais, primeira tenente de alcalde e alcaldesa na súa vila natal, Ponteareas. Deputada no Parlamento Galego e no Congreso dos Diputados, e antes de acceder a Dirección Xeral de Turismo foi tamén Directora Xeral de Comercio. Sobre esta carreira e o posto que ocupa actualmente comezamos preguntándolle
Na bisbarra de Compostela hai moito para ver pero non se pode agochar a importancia do Camiño, dos Camiños, de Santiago si falamos de turismo. Preguntámoslle a Nava Castro que nos falta e dinos que o que non podemos é perder a perspectiva do que é e potencialo como un espazo de acollida fronte a outros destinos
Outra das teimas que temos todos é conseguir que o Camiño sexa un sostén para os concellos polos que pasa máis alá dos dous meses de verán. Hai unha tarefa importante de concienciación na veciñanza e, entre outras iniciativas, desde a Dirección Xeral trabállase nun proxecto no Camiño Francés que serva de espello aos outros e no que o clásico Menú Peregrino sexa algo máis vinculado aos produtos autóctonos.
Falando de gastronomía hai que mencionar a gran cantidade de festas centradas nun produto que existen na bisbarra e en toda Galicia. Hai tres anos cambiáronse os criterios para a declaración de Festa de Interés Turístico Autonómico para mellorar a calidade do que se ofrece, converter estas citas en algo máis organizado e que non valla todo
Outra das claves que todos buscan é destacionalizar o turismo. Para Nava Castro a nosa vantaxe é que estamos acostumados a traballar con mal tempo pero ademais temos moitas opcións que ofrecer en calquera época do ano
A Xunta de Galicia ven de presentar un interesante proxecto, integrado nun mais amplo no que participan distintos países europeos, para promocionar o turismo de mergullo. Con máis de 1.500 kilómetros de costa Galicia é un lugar ideal por esa cantidade de lugares pero tamén por espazos tan únicos como as bateas que sorprenderon aos responsables das outras localizaciónsEste sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR