Padrón, 15 de febreiro do 2019 – Este domingo preséntase de xeito oficial a asociación feminista Mulleres en Padrón, no Auditorio Municipal a partir das seis e media da tarde.
Mulleres en Padrón leva xa un tempo cunha activa campaña en redes sociais ao tempo que planificaban esta presentación. Este domingo abrirase a inscrición a novas socias e o acto contará coa música da regueifeira Alba María. A cuota base é de 20 euros anuais e existirán prezos especiais para os máis novos.
A xunta directiva estivo ao longo de este tempo explicando a través de vídeos moitas das razóns que as levaron a crear a asociación.
Xiana Isabel Gilino explicaba que “son feminista desde que teño uso de razón, o feminismo é a igualdade entre homes e mulleres, non concibo outra forma de pensar. Sí formo parte de Mulleres en Padrón é porque esa igualdade non existe e é desde o noso ámbito desde onde podemos comezar a traballar”.
Merce Ares daba as súas razón para pertencer a MeP “Son parte de Mulleres en Padrón porque considero imprescindible que na comarca do Sar exista unha asociación que fale dos nosos temas e dos problemas que estamos tendo na sociedade”
Isabel Basadre falaba da importancia de traballar no eido local “son Mulleres en Padrón porque creo nunha sociedade xusta e igualitaria na que as mulleres teñamos os mesmos dereitos que os homes e podamos ir pola rúa sen medo. Tamén porque creo que o mellor xeito de conseguir este obxectivo e actuando localmente e pensando globalmente”
Isabel Brea pola súa parte daba razóns relacionadas co eido laboral “son Mulleres en Padrón para que no eido laboral sexamos valoradas da mesma maneira, sen ter que traballar o dobre para conseguir os mesmos resultados”.
Unha aposta feminista nunha vila cunha sociedade moi necesitada de novos aires e de xente disposta a remover conciencias.