Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Hemeroteca axenda

A Musicoterapia protagonista hoxe e mañá no Auditorio de Galicia

agamus xornadas portas abertas slide 14 junio 2017_r

Compostela, 14 de xuño do 2017 – A Asociación Galega de Musicoterapia pecha un mes de portas abertas con dúas xornadas no Auditorio de Galicia.

A Asociación Galega de Musicoterapia, AGAMUS, é unha organización sen ánimo de lucro que ofrece tratamentos gratuítos a pacientes dos ámbitos clínicos, comunitario, educativo, sanitario e social desde o ano 2003 para persoas ou grupos que o precisen e non teñan medios económicos.

Desde o pasado 15 de maio AGAMUS celebrou xornadas de portas abertas na súa sede de Conxo en Compostela, García Prieto 53. Cada día da semana dedicouse a un dos cinco ámbitos de traballo clínico e hoxe e mañá levarán tamén as xornadas a Sala Mozart do Auditorio de Galicia.

Hoxe día contarase coa colaboración da Dra. Mercedes Fernández Valencia (Psiquiatra e Psicoterapeuta) e Dna. Montse Merino, (Presidenta de AGAMUS. Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica Aplicada)que trataran os seguintes temas:

Que é a Psiquiatría? Que é unha enfermidade mental? Modelos de intervención clásicos. Cara onde camiñan os novos paradigmas? Novo Modelo de intervención centrado no paciente desde a neurociencia. Que aporta a Musicoterapia á Saúde Mental? Perspectiva de intervención desde o Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica Aplicada

A xornada rematará cun concerto o que Uxía porá a voz e Montse Merino tocará o piano.

Mañá día 15 a xornada centrarase na Neuroloxía e a Musicoterapia. Participarán a Dra. Susana Arias Rivas  (Neuróloga do CHUS, experta en Ictus Isquémico e dano cerebral. Membro do equipo do LINC) e de novo a presidenta de AGAMUS, Dna. Montse Merino, e os temas a tratar serán:

Que é a Neuroloxía? Patoloxías neurolóxicas. Que é o ICTUS? Tipos.  Factores de risco. ICTUS ISQUÉMICO. Síntomas, Fases de Tratamento.  (1ª Causa de morte nas mulleres). Que aporta a Musicoterapia á Neuroloxía? Intervención no tratamento do  ICTUS desde o Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica Aplicada.

Ao remate, terá lugar unha experiencia vivencial coas persoas asistentes dirixida por Montse Merino

Ambas conferencias terán lugar as 8 da tarde e hai que inscribirse AQUI

 

Post navigation

Previous: Boqueixón organiza a VII Ruta do Colesterol, unha proba de fondo de 50 km.
Next: Teatro e circo na xornada de Galicia Escena Pro

Máis novas

I Venres de Desconto_Evento Aemi_Fb
1 minute read
  • Hemeroteca axenda

A asociación de comerciante do Milladoiro, AEMI, organiza o Venres do desconto

o pino media maraton slide 16 junio 2017_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

O Pino e Arzúa organizan a media maratón O Gran Camiño

salon teatro salvador de borja fernandez slide 7 junio 2017_r
3 minutes read
  • Entrevistas

Borja Fernández investiga en Teo sobre teatro, emigración e memoria familiar

galicia escena pro slide 15 junio 2017 (2)_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Galicia Escena Pro pecha as portas da quinta edición

galicia escena pro circo slide 14 junio 2017 (2)_r
3 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Teatro e circo na xornada de Galicia Escena Pro

a aventura de ler slide 14 junio do 2017_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Xandobela organiza A aventura de ler, unha xornada formativa de ámbito europeo

dia mundial contra la explotacion infantil rua bicicleta slide 12 junio 2017 (2)_r
2 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Ruta ciclista para lembrar o Día Mundial contra o Traballo Infantil

boqueixon sons do ilicino slide 10 junio 2017_r
1 minute read
  • Hemeroteca axenda

Lestedo acolle a quinta edición dos Sons do Ilicino

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.