Músicas na linde fala con Xurxo Fernandes ven de publicar Levaino!, un disco que recolle toda a experiencia acumulada ao longo dos últimos anos para ofrecer algo único.
Lindeiros achegouse ata Sada para charlar con Xurxo Fernandes sen presa, sobre a súa carreira e sobre este disco. Unha conversa que podedes escoitar completa no podcast e dese xeito apoiaredes ao noso medio.
Música e investigación
Moitos coñecimos a Xurxo Fernandes sen sabelo, na presentación do Womex 2016 na praza de Praterías.Xa daquela andaba recopilando historias e cancións. Comezou a facelo con 14 anos así que non é estraño oírlle dicir que facer este disco levoulle toda a vida
Toda esa bagaxe é que recolle en Lavaino!. Unha mestura de sons que as veces parecen sacados dunha foliada e outras lévanos ata oriente. Todo pasado pola peneira tan persoal da voz de Xurxo.
É un disco no que o ritmo está sempre presente. A percusión marca o son e un non pode evitar acompasar o corpo ao que escoita. Como di o artista e algo que está no noso adn
O primeiro vídeo, Levaino! non deixa indiferente. As sensacións son distintas según quen o vexa e Xurxo Fernandes explica que iso é precisamente o máis interesante
O 9 de abril preséntase este Levaino! no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A temática e o son prestase para unha posta en escea moi especial pero Xurxo cre que o mellor decorado será a propia música
Ao longo de toda a conversa Xurxo Fernandes cóntanos cousas sobre Radio Cos, os seus primeiros anos investigando en Galicia e en oriente, a súa propia interpretación do clip de Levaino!… máis de 20 minutos que podedes escoitar no podcast de Lindeiros.gal