Músicas na linde, 9 de maio do 2022 – Entrevistamos a Xabier Díaz unha semana antes de que se declarara o confinamento. O día 6 de marzo do 2020 publicábamos a conversa e o 13 saía a rúa As Catedrais Silenciadas, xusto antes de que nos silenciaran a todos.
Encontrámonos con Xabier Díaz dous anos despois. Quedamos no hotel Costa Vella de Santiago, un lugar tranquilo para unha conversa na que votar unha ollada a este pasado recente pero tamén ao pasado máis afastado do que fala Levantarse e caer, o seu novo traballo.
Xabier Díaz transmite sempre calma no falar e no cantar, máis se un se fixa pode ver como se moven as ideas dentro da súa cabeza. Estes dous anos lonxe de paralo serviron para ensinar a tocar a pandeireta e compoñer un disco que, dado o contexto, tiña que ser á forza reflexivo.
Hai dous anos diciámoslle a Xabier que a súa música tiña como unha sordina que a facía moi especial, máis amable cos non acostumados á música tradicional. Esa tranquilidade multiplícase en este Levantarse e caer, un disco claramente de autor
Si a voz de Xabier ten unha presencia especial nos discos coas Adufeiras en este caso, sendo unha gravación tan persoal, ten todo o protagonismo. Unha sonoridade que non precisa de grandes artificios para trasladarnos ata a infancia do cantante, un tempo no que moitos veranse reflectidos
O confinamento proporcionou un tempo que cada quen aproveitou como puido pero que sen dúbida dounos a todos tempo para pensar. Levantarse e caer é un disco nacido de esa reflexión, que, en certo modo, serviu de terapia para o autor.
Levantarse e caer vivirá paralelo ás Catedrais silenciadas. Concertos intimistas nos que Xabier Díaz afastarase da forza escénica do traballo coas Adufeiras.
A principal actividade seguirá sendo o directo das Catedrais Silenciadas. Unha xira que despegou hai un ano e que en este 2022 seguirá crecendo
A continuación podedes escoitar a conversa completa. Charlar con Xabier Díaz é sempre unha oportunidade para reflexionar. As preguntas provocan respostas que abren novas preguntas. Hai que ser moi fiel ao traballo para non desviarse do centro da conversa, da súa música e o seu novo disco, porque un podería deixarse levar e estar horas falando de todo. Temos a sorte de ter en Galicia moitos artistas que son ademais pensadores. Pode que deberamos de escoitar, ademais da súa música, as súas reflexións.
Escota a conversa completa con Xabier Díaz
Máis de Xabier Díaz na súa web oficial https://xabierdiaz.com/es/