O próximo día 13 sae a rúa o novo disco de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, As Catedrais Silenciadas. Será o terceiro coas Adufeiras desde que hai cinco anos decidiu enfrontarse ao reto de buscar o seu propio son. En este tempo converteuse nun referente da música tradicional grazas a un traballo moi serio e constante.
Comezamos a conversa preguntándolle por ese outro Xabier Díaz, polo que ven de formacións como Berrogüeto, do traballo con grupos como Xacarandaina, das rúas e da tradición
En ese presente histórico Berrogüeto foi unha peza fundamental da música tradicional galega. Para Díaz ten unha especial importancia porque supuxo unha escola de aprendizaxe e un descubrir o mundo
Non é a primeira vez que en Lindeiros falamos do que foi para moitos artistas o Womex que se celebrou en Compostela no 2016. Na praza das Praterías, xunto ao malogrado Narf e Radio Cos, Xabier Díaz anticipaba o traballo que presentaría coas Adufeiras. 4 anos despois preguntámoslle por aquela experiencia
Imposible non preguntar pola falta de festivais de este tipo sabendo do éxito daquela cita. Xabier Díaz pon un exemplo moi claro, non entende a intensa promoción que se fai da gastronomía ou dos viños e que non se faga o mesmo coa música.
A presenza na música de Díaz das Adufeiras de Salitre converteuse nun elemento diferenciador como el mesmo recoñece
Pero á música de Díaz é un traballo coral que nace diso mesmo: o traballo. Os que están ou estiveron con el falan da esixencia dos ensaios e os concertos, unha esixencia que se aplica tamén así mesmo
Este traballo constante da como resultado unha música persoal e intransferible. Cando comezou esta andaina o músico buscaba un certo xeito de ser que agora parece estar cada vez máis claro
Non é doado trasladar en verbas un son. É como si a música de Xabier tivera a gradación necesaria para servir a calquera, nin moi estridente que estorbe nin tan baixa que non se note
Quedamos con Xabier Díaz nas Torres de Altamira en Brión. É un de eses espazos que da nome ao novo disco, unha catedral silenciada como tantas outras que podemos atopar en Galicia tal e como conta o músico
Falar con Xabier Díaz resulta relaxante. Sabe o que quere e tamén, o que non é tan habitual, sabe o complicado que resulta conseguilo. É unha de esas cabezas que non paran e ás que teríamos que facerlle máis caso. Combina paixón con sentidiño, unha mestura que leva a súa música e que define, en certo modo, o que é o rural galego.