Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Músicas na linde

Músicas na Linde: The Rapants

The Rapants veñen de publicar o seu novo traballo “La maquina del buen rollo” no que afondan máis na contradición de poñer música de baile a letras maiormente tristes.
the-rapants-slide-22-marzo-2024-(2)_r

Músicas na linde, 22 de marzo do 2024 – The Rapants veñen de publicar o seu novo traballo “La maquina del buen rollo” no que afondan máis na contradición de poñer música de baile a letras maiormente tristes.

The Rapants naceron en Muros no 2018. Terbutalina, e os seus admirados Novedades Carmiña, eran e seguen a ser os seus referentes. A música disco dos oitenta está sempre presente e eles mesmos recoñecen a influencia dunha época na que discotecas como Paraiso ou La Luna eran a base da diversión.

As letras mesturan galego, inglés, castelán e calquera expresión que un poida atopar hoxe en día nos rapaces. Por suposto o desamor e unha tendencia ao pesimismo forman parte tamén de esas composicións.

A súa conexión coa xuventude quedou patente cando anunciaron os concertos de esta fin de semana, 23 e 24 de marzo, na Capitol. En poucos minutos venderon o primeiro e iso os levou a pechar a segunda data que tamén encheuse de súpeto.

Falamos co Samu, un dos fundadores, para coñecer un pouco máis que hai detrás de The Rapants e de este éxito.  Comezamos polo básico ese amor pola música de baile e textos tristes.

Samu recoñece que gustaríalles ter vivido a época das discotecas. Lembra a muradana “Paraíso” na que se coñeceron os seus pais pero cre que hoxe en día teñen todo o que precisan excepto… bailar en patíns.

Nas súas letras o castelán , o galego e o inglés poden aparecer soltos ou mesturados, A explicación é sinxela e conecta directamente co seu público. Os rapaces falan así, non inventan nada o toman das conversas dos mozos.

Encher a Sala Capitol xa era para eles un reto pero cando conseguiron vender dous días Samu recoñece que quedaron abraiados e que agora máis que un reto o que da é respecto. Esperan non defraudar e que todo o mundo se divirta tanto como o farán eles.

Preguntámoslle tamén por como ve o momento actual da música en Galicia. Samu ten claro que se sinte moi orgulloso. Cre que nunca antes vivimos un momento tan bo e que temos que ir a máis.

The Rapants é sen dúbida unha banda a ter moi en conta. Encher a Capitol dous días da mostra do interese da xuventude pola música que se fai aquí á marxe de que sexa en galego ou en castelán. Un interese que non se queda en escoitar, tamén queren ver e bailar.

“La maquina del buen rollo” é iso, un disco para desfrutar sen máis. Unha colección de cancións que en directo vólvense máis vivas aínda e que conectan co público desde o primeiro momento. Tal vez sexa hora de que as salas volvan a colgar as bolas de espellos… nos apuntámonos.

Post navigation

Previous: Melloran as conexións da bisbarra cos hospitais de Compostela
Next: A IV Clásica Gandeira esta fin de semana en Santa Comba

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.