Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde: The Rapants cruzando fronteiras

Os de Muros enchen o Multiusos de Sar co seu The Rapants Clubs e abren unha porta á música galega

O Multiusos de Sar encheue con máis de cinco mil persoas para escoitar a The Rapants

Compostela, 30/03/2026 – The Rapants veñen de conseguir un fito do que é posible que non sexan conscientes. É certo que veremos se foi flor dun día ou ademais dunha forte industria musical tempos un público entregado e, sobre todo, amplo.

Un ecosistema incompleto

Compostela ten moitas salas de concertos.  Desde os pequenos espazos dos pubs, pasando por salas un pouco máis grandes como a Riquela ou a xoia da coroa que supón a Capitol, a cidade entra a partir de aí nun deserto.

Se falamos de lugares de máis de 1000 persoas o que atopamos en Compostela son butacas. O Auditorio de Galicia é un templo da calidade sonora e o Palacio de Congresos, sen chegar a ese nivel, é unha alternativa que está cumprindo á perfección.

O problema xorde cando queres bailar, gritar, saltar, e divertirte como se merece un certo tipo de concertos. O salto desde a Capitol ata o Multiusos de Sar parecía demasiado grande e inaccesible. The Rapantas acaban de abrir un camiño no que ninguén cría.

Tempo de fe

Na rolda de prensa de presentación do concerto, nun multiusos baleiro, The Rapants recoñecían que moita xente dicíalles que non o fixeran, que era un risco. Esa dúbida razoable foi a que os levou a sacar ás entradas a venda pouco a pouco. Cando pasaron das cinco mil comezaron a estar superados polo éxito.

A cifra supuxo ademais máis investimento xa que a normativa a partir de cinco mil asistentes ten uns requirimentos maiores en cuestión de seguridade. O resultado demostrou que ademais de ser capaces de encher un lugar tan grande hai profesionais de nivel para xestionar o evento.

Agasallos e sorpresas

Unha pequena sesión sorpresa dunha formación de mariachis e a entrega do carné de socia/o de Rapants Club foron os primeiros agasallos que o público recibiu ao acceder ao recinto, no que os composteláns Ulex quentaron o ambiente coas súas guitarras.

Ás 21.05 da noite Mati, Samu, Xanma e Xaquín saltaban ao escenario para presentar o seu novo disco. Ao longo desta noite, Galician Army, Grande Amore, Sara Faro (Fillas de Cassandra), Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras) e 9Louro acompañarán á banda nesta grande festa da música galega.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, e a concelleira de Deportes e Festas, Pilar Lueiro, asistiron á celebración. O concello puxo ademais autobuses lanzadeira para facilitar a chegada ata o recinto.

O concerto foi un éxito pero foi sobre todo un exemplo de que hai máis público do que cremos. Esa terra de ninguén que parecía existir entre a Capitol e o Multiusos non existe. Pode que non toda a música galega sexa capaz de meter a máis de cinco mil persoas nun recinto pero os que recomendaba non intentalo xa teñen algo en que pensar. Noraboa a The Rapants polo concerto pero sobre todo por arriscarse e gañar, é posible que nuns anos recordemos que este concerto marcou un camiño.

Post navigation

Previous: Semana de feitos en Compostela
Next: Chega a XLIV Exaltación Do Viño Da Ulla

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.