Músicas na Linde, 21 de setembro do 2023 – A cantante Silvia Penide presentaba este verán “Mientras dure el aplauso”, un disco que celebra os seus vinte anos no mundo da música.
Tras pasar este verán por festivais como o Noroeste ou o Festival de la Luz, Silvia Penide estará o vindeiro día 23 en Pontevedra, no Teatro Principal, coa súa banda e mesmo cunha interprete de lingua de signos. Un concerto que coincide ademais co Día Internacional da Lingua de signos. A artista pechará a xira p 29 de decembro en Arteixo.
“Mientras dure el aplauso” é o primeiro vinilo de Silvia Penide na súa carreira. Cunha tirada limitada de 250 exemplares numerados a man, a cantante e compositora presenta este 2023 un resumo especial dalgúns dos grandes momentos que viviu sobre os escenarios nestas dúas décadas.
Faino, ademais, rodeada de grandes voces da escena musical galega e española. Así, temas dos seus anteriores traballos discográficos, como Rebentaba, O efecto boomerang ou Descredo, soan agora máis especiais, se cabe, con colaboracións como as de Mercedes Ferrer, Víctor Manuel ou Javier Álvarez.
Silvia síntese moi leda pola publicación de este disco. É un xeito de agradecer todo este tempo na profesión, especialmente desde o 2020, ano a partir do que recoñece que cambiou
Como xa contamos o disco está cheo de colaboracións e de momentos de altísimo nivel. Como era de esperar para Silvia non é doado quedarse cun en particular pero o traballo cos rapaces da Fundación West galicia marcouna de algún xeito
O vindeiro sábado estará en Pontevedra nun concerto inclusivo. Para elo estará acompañándoa Natalia Nabaza, unha interprete de lingua de signos coa que xa ten traballado. Un xeito de reivindicar esta lingua da que di que debería ser ensinada nas escolas
Silvia Penide incluíu en este disco un tema inédito que será unha das pezas do novo disco. Espera entrar a gravalo no 2024 tras este parón para celebrara e agradecer 20 anos de carreira.
Silvia Penide ten ademais proxecto sociais e educativos tan interesantes como Feminino Plural, no que colabora con Carla López. Un xeito de acercarse aos adolescentes e do que recoñece desfrutar moito
Silvia Penide é unha muller única e unha artista entregada. Falar con ela xera tranquilidade. Tivemos que gravar esta entrevista dúas veces, por un problema técnico, e nos dous casos quedamos coa sensación de poder estar todo o día compartindo conversa. Unha artista única, cunha voz que non deixa indiferente e cunha implicación social moi superior á doutras con máis sona.
Esperamos xa o 2024 para poder escoitar o novo traballo e mentres seguro que o aplauso a Silvia durará moito.