Rodrigo Romaní podería ser protagonistas de Músicas na Linde pola súa faceta de músico. Fundador de Milladoiro, profesor de música, director da Orquestra Folk Son de Seu ou, entre outras moitas cousas, harpista e introdutor en Galicia do modelo de harpa celta.
É esta última faceta a que levou a Rodrigo Romaní a crear hai 8 anos o Noia Harpa Fest. Poñer toda a súa paixón pola harpa nun festival internacional e facelo no seu pobo foi unha boa idea que converteu o evento no único encontro de este tipo do noroeste ibérico.
Falamos con Romaní para saber un pouco máis do Noia Harp Fest e comezamos preguntando polo instrumento protagonista. A harpa da a sensación de ser esa peza que sempre sorprende pero que nunca atopa o seu sitio
O nacemento do Noia Harp Fest foi froito da casualidade pero tivo tamén moito da iniciativa de Rodrigo Romaní e da implicación do concello de Noia
A vila é un escenario perfecto para un festival de estas características. Lugares como a Praza do Tapal toman unha relevancia especial en estes días
O Noia Harp Fest vese beneficiado tamén polo público. Noia é unha vila que se implica en todo o que se fai, xa sexa unha feira medieval ou un rally o organizador pode estar seguro de que contará co apoio da veciñanza
Comentamos con Rodrigo Romaní esa idea que contrastamos con outras xentes en esta sección ou en Movendo os Marcos. Galicia ten unha abundante axenda de festivais e encontros asociados a pequenas vilas, un modelo propio que non deixa de crecer
O Noia Harp Fest comezou a súa edición 2021 este mércores 4 de agosto e faino con todas a localidades vendidas e agardando que o vindeiro ano poda asistir todo o que queira. Rodrigo Romaní deixa unha pegada máis na cultura galega con este festival. Unha pegada que se suma a unha traxectoria de éxitos que ten aínda un longo camiño por diante.