Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde: Rapants Club, o novo de The Rapants, publícase o 4 de marzo

The Rapants levan publicados dous avances de The Rapants Club nos que segue predominando a música de baile.

musicas na linde the rapants novo disco 23 febreiro 2026

23/02/26 – Lindeiros falaba con The Rapants hai dous anos nunha conversa que podes escoitar aquí . Viñan de publicar “La maquina del buen rollo”, un disco e unha xira que pecharán o vindeiro sábado en Bruxelas.

Este concerto será un día antes de que se publique “The Rapants Club” e será no marco dun evento moi querido pola banda e que deu pé ao nacemento do seu tema Rue Franklin: o Festival Emigrason. Será un concerto moi especial, que pechará dous intensos anos de actuacións nas principais salas de concertos e festivais do país. 

The Rapants Club, novo disco

A banda muradá publicará o seu cuarto LP,  Rapants Club, o vindeiro 4 de marzo. Neste novo álbum, levan a súa música a outro nivel: variedade estilística, guitarras frenéticas, sintetizadores e retrousos pegadizos desde a primeira escoita conflúen nun traballo que dá boa conta da evolución do grupo, á vez que mantén, máis viva ca nunca, a esencia e identidade rapante. 

“Rapants Club é moito máis que un disco: é a nosa maneira de entender a vida a través da música, de agradecer e compartir algo con toda a comunidade que formou e forma parte do noso progreso”, explican os rapantes, que acadaron esta semana os 100.000 ouvintes en plataformas como Spotify, na que o seu sinxelo Non Sei Como se situou como un dos temas máis virais en España. 

Neste novo álbum, The Rapants  presenta unha ducia de temas cunha sonoridade moi especial. A banda abre a porta a diferentes estilos musicais pero de fondo sempre está o baile e esa lembranza dos setenta, de Tony Manero e da música de baile.

The Rapants din que “Club” será un disco  “bonito, elegante e atemporal” e que será “o máis fiel ao carácter e gustos” do cuarteto. 

A grande inauguración deste “Rapants Club”, o concerto no que se poderán escoitar por vez primeira ao vivo os novos temas, terá lugar o sábado 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, cita na que se esgotaron, en poucos días, as 4.500 entradas que se puxeron á venda.

Post navigation

Previous: Ames cara a unha cuestión de confianza
Next: A Deputación explora liñas de colaboración con ASANOG

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.