Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Músicas na linde

Músicas na Linde: Pava (Lucía Aldao)

musicas-na-linde-pava-imaxe-de-anton-e-martinho-slide-23-decembro-2024-(4)_r

Músicas na Linde, 23 de decembro do 2024 –  Falamos hoxe cunha das múltiples facetas de Lucía Aldao, concretamente coa de lider de Pava, unha banda que ven d sacar o seu terceiro EP.

Para que non a coñeza Lucía Aldao é un de eses produtos que se dan tanto en Galicia e que reúnen creatividade, imposibilidade de parar quietos e calidade no que fan. Poeta, escritora, compositora… premiada en distintos certames, desde o NARF ata os Martín Códax, pero sobre todo única, ela mesma.

Con Pava Lucía leva xa tres EP publicados, cun son nado da súa memoria, do que escoitou desde antes de ser consciente do que oía. Unha escoita na procura de voces distintas, probablemente de que a súa era en certo modo unha delas.

O proxecto musical de Pava foi desde o principio o de Lucía Aldao. En el asoma o pop e o rock e, pese a que música galega está nun dos mellores momentos da súa historia, ela non ten tan claro que haxa un oco para estes estilos ou, en todo caso, sempre hai unha sombre de dúbida de que funcionen.

Como poeta Lucía non pode evitar xogar coas verbas, así aparecen letras como a de “Himno da lesión”, en calquera caso sempre intenta que sexa un conxunto de temas equilibrado en canto a emocións e sentimentos.

Hai en moitos artistas galegas a capacidade de mesturar, como no se da en ningures, alegría e tristeza nunha mesma frase ou nun mesmo texto. A música de Pava, as letras de Lucía Aldao, son un exemplo de esta idiosincrasia tan nosa, tan de aquí.

E como se leva toda esta mestura á xente? A intención é que o deseño dos directos sexa máis enérxico pero sen que isto impida que certos concertos sexan mais próximos ao público, máis íntimos.

Pava conta con Analís Guillín na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra para darlle un férreo soporte as ideas e a voz de Lucía Aldao. Conversar con ela é un remanso de tranquilidade; aberta a escoitar e feliz co traballo feito xera unha boa enerxía difícil de transcribir.

Non só por Pava, por toda a súa carreira, é un dos valores máis sólidos da nosa cultura e que traballa polo galego e pola difusión do que aquí se fai máis alá do “telón de grelos”. Pode que a súas outras facetas tapen un pouco a súa vertente musical, é un erro no que o lector, se acepta un consello, non debe caer xa que Pava 3 é un disco como os de antes que nos conta o de agora.

Imaxes de Antón & Martiño

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros do 16 ó 21 de decembro
Next: A Vía Verde afronta as últimas obras

Máis novas

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Presentación de A Tarara festa xitana galega
2 minutes read
  • Xeral

A Tarara, Festa Xitana en Compostela

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.