займ срочно

Musicas na linde: Mercedes Peón

0

Mercedes Peón celebra os vinte anos da publicación do seu primeiro disco, “Isué”, coa proposta escénica “Ingrávida”, unha escusa perfecta para charlar nas nosas Músicas na linde.

Ingrávida estrease no Auditorio de Vilalba o vindeiro 2 de abril. Con Mercedes Peón estarán Camaño & Ameixeiras, Mónica de Nut, Ana Fernández, Gisela Sanmartín con Xirifeiras, Mar Suárez con Raigañas, Laura González, Laura Garrido, Yolanda Allegue e Icía Varela, un luxo de compañeiros para un aniversario moi especial.

Mais a carreira de Mercedes Peón duplica eses vinte anos. Antes de “Isué” hai dúas décadas de estudos e vivencias, de ensinanza e aprendizaxe que agromaron nese disco que marcou un cambio fundamental na música galega. Peón lembra o afastados que estabamos da nosa orixe e fala da sorte de descubrir a música tradicional sendo nena

A influencia do traballo de Mercedes Peón escoitase en moitos dos grupos actuais, desde Baiuca a Tanxugueiras. Preguntada polo paso do tradicional á electrónica explica que non hai tal cambio, ambas as dúas caras da súa produción permanecen no seu propio espazo. É, nas súas propias verbas, unha compositora con autoestima cultural, respecto polos demais e polo seu propio facer

Esa autoestima como artista e investigadora levouna na procura de liberdade á hora de traballar. O uso da electrónica, da tecnoloxía, nace desa necesidade de independencia musical e económica

A evolución das artes en Galicia ao longo de estas dúas décadas é evidente. Preguntar por eses cambios a quen os viviu tan de cerca é algo inevitable. Mercedes Peón diferencia entre esa imaxe tan potente que se transmite desde os medios e a creación colectiva que, se non coidamos do rural, pode desaparecer. A reflexión leva, tamén de xeito inevitable, a concluír que “Isué” tivo algo que ver en todos estes cambios.

A conversa amplíase de forma constante. Detémonos na identidade, no que somos como persoas e como sociedade. Partindo da muller falamos dos minifundismos que conforman o todo no que vivimos.

O momento vital de Mercedes Peón é sereno e de esa certa tranquilidade nace Ingrávida. Un nome que ten tamén que ver con manterse ao marxe da temporalidade, da escravitude do calendario. Unha característica que tamén ten a súa música, sempre actual.

Ingrávida xorde tamén da propia vida da artista, das vivencias e das lembranzas. Crease para celebrar o camiño andado.

Mercedes Peón é unha das mentes máis claras que un pode atopar en Galicia. É a complexidade da realidade o que pode confundir ao espectador mais, se consegue ver detrás da personaxe, atopará unha visión única do mundo en que vivimos.

A súa influencia nas artes en Galicia ao longo dos últimos vinte anos é indiscutible. Con todo, tras a conversa, da a sensación de que non tiramos todo o partido da súa visión da sociedade galega.
O día 2 de abril, en Vilalba, celebrarase “Isué” e, de paso, contar en Galicia cunha artista única como Mercedes Peón.      

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies