Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde: Lumedoloop

Lumedoloop, O trío compostelán conformado por Møu, Jamas e DJ Mil lanzará en febreiro o seu primeiro disco

Lumedoloop © Bastian Rodriguez _ el membrillo 1 SLIDE

Galicia vive un dos seus mellores a nivel cultural, hai tanto tempo que o dicimos que se normalizaron cousas que non se producen tan a miúdo. Grupos como Sumrra, Dios Ke Te Crew, mesmo De Vacas se manteñen durante décadas mentres os seus membros van levantado proxectos a partir da experiencia acumulada.

Todo deriva nun ecosistema que crece cada día e no que agora aparecen Lumedoloop. Non é unha escisión, tampouco un fillo, pero forma parte inevitable do universo Dios Ke Te Crew. Mou, DJ Mil e Jamas levaban tempo preparando cousas pola súa conta e agora chegou o momento de sacalas á luz.

Bastián Rodriguez

Traemos a Músicas na Linde cando DJ Mil remata de impartir unha clase na súa tenda da Rúa de San Pedro, hai canteira. Os tres valoran esa experiencia acumulada e engaden que os grupos “nodriza” se retroalimentan do que se fai fora deles.

En febreiro publicarase (Re)existencia pero ata entón van presentando algunhas cancións. A primeira, “Rico de sabor”, é toda unha declaración de principios e, coma sucede no que levan feito ata o momento, reivindica o que cada un é, o orgullo de ser un mesmo.

Como nacen as cancións é unha pregunta tópica pero o interesante sempre son as respostas. Jamas ten na cabeza moitas cousas e cada día ve outras novas, só precisaba dunha música que Mou se encargou de crear. Cada día ao camiñar cara o traballo as letras ían xurdindo.

Unha vez construídas hai que gravalas. Un proceso que Mou define como moi natural xa que se coñecen uns aos outros e saben exactamente como queren soar en cada caso.

Pero queda unha cuestión que sempre provoca curiosidade cando se trata dun novo grupo, de onde sae Lumedoloop?

 (Re)existencia, o que será o seu primeiro disco, di moito de estes tres combatentes da música en particular e da vida en xeral. Retranca e resistencia son apelidos asociados aos seus nomes.

Un ADN que se mostra sen complexos en canto falas con eles cinco minutos. Capaces de rirse con toda a seriedade do mundo, mostrando que son, como xa dixera Dios Ke Te Crew, uns auténticos OG e se non sabedes o que é xa tardades en buscar a canción.

Post navigation

Previous: Oroso renova o tellado da unitaria de Vilacide
Next: Muros, casas e cerámica romana no Castro da Croa

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.