Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde: Leslie, vocalista de Los Sirex

OUTONO CODAX SIREX 2 5 NOVEMBRO 2025

Leslie e Los Sirex levan 65 anos enriba dos escenarios e estarán este domingo en Compostela no Outono Códax Festival, unha cita excepcional cunha banda única.


Esta semana temos dúas Músicas na Linde, e as dúas co Outono Códax Festival como escenario, pero o certo é que a posibilidade de entrevistas a Leslie, vocalista e fundador de Los Sirex, non se pode deixar pasar.

Os adxectivos quédanse escasos para falar de Los Sirex. 65 anos tocando, venerados polos rockeiros de pura cepa e nun dos mellores momentos da súa dilatada carreira. Cando Beatles e Rolling chegaron, eles xa estaban alí; cando Elvis comezaba a ser coñecido eles comezaban a tocar, pouco máis se pode dicir. 

Los Sírex actuarán o domingo 9 na sala Capitol (apertura de portas ás 19.30 h) nun concerto dobre que contará tamén coa presenza da banda francesa Principles of Joy. As entradas (20 € + gastos de xestión) están á venda en A Reixa-Matrioska ou en salacapitol.com

E que lle pregunta un a alguén que leva 65 anos sobre un escenario? É difícil poñerse na súa pel pero ten que sentirse moi afortunado

Si dicimos que Los Sirex naceron co Rock and Roll non é unha esaxeración. En 1955    Bill Haley  publicaba “Rock Around the Clock” e catro anos despois, en 1959 fundábanse Los Sirex. Non é que collera a ola é que creceron con ela, aínda que para Leslie todo foi froito de coincidencias.

Vinte anos despois, a finais dos setenta e nos primeiros oitenta o rockabilly soa nas emisoras de FM con grupos como os Stray Cats e en España Rebeldes ou Loquillo. Preguntamos a Leslie como viviu aquela etapa na que mozos recen chegados fan o que eles levaban 20 anos perfeccionando.

As cousas cambiaron moito e hoxe o que quere escoitar certo tipo de música ten que ir a buscala, non chega con poñer a radio. Leslie é moi consciente do momento actual; pensa, probablemente con razón, que hoxe os Beatles durarían tres días.

Poderiamos falar moito das cancións de Los Sirex pero só quixemos preguntar por unha en concreto. O tempo fainos ver as cousas con perspectiva, as veces magnificando as cousas e outras quitándolle importancia. “La escoba” foi un tema que, cos ollos de hoxe en día, era unha provocación en plena ditadura; o certo é que Leslie, autor da letra, só quixo contar a pobreza que vía ao seu redor e acabou sendo censurado nunha parte moi concreta da peza.

Con 65 anos de carreira e 81 de idade un esperaría un concerto máis tranquilo, vital pero contido, pero sen embargo, ao dicir dos que os viron e do propio Leslie, Los Sirex seguen dando botes sobre o escenario

Hai quince dias que Leslie estivo en Compostela pola súa conta e recoméndanos que coidemos da nosa cidade porque é un lugar único para desfrutalo e vivilo.

Ë un tópico demasiado usado pero encaixa á perfección: Leslie e Los Sirex envellecen como o bo viño. O certo é que levan tanto envellecendo que velos e escoitalos con esa actitude son ao tempo exemplo e provocación para os maiores máis conformistas.

Leslie podería ser o protagonista da novela ” O avó que saltou pola xanela e largouse ” do sueco Jonas Jonasson, alá polos 14 anos fuxiu coa súa banda e desde entón non deixou de camiñar. As veces non necesitamos “coaching” ou frases de Mr Wonderful, só precisamos Sirex.

Post navigation

Previous: Un Cinema Miúdo máis internacional e comprometido
Next: Santa Comba destina 268.000 euros do POS adicional a gasto corrente

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.