Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Músicas na linde
  • Xeral

Musicas na Linde: Jasper, vocalista de Nao

Nao_1059-slide-18-decembro-2020_r

Hai pouco máis dun ano Nao poñía fin a unha exitosa carreira musical. Foi un final premeditado, no mellor momento do grupo tanto en calidade como en éxito, e sorprendeu á maioría dos seus seguidores.

Un concerto en Compostela pechaba ese ciclo e hai uns días, no que algún chamaría o cabodano do pasamento de Nao publicábase aquel concerto en DVD. En Músicas na Linde dámoslle unha volta ao o que foi este fenómeno.

Imaxe Loli Fernández

Quedamos co vocalista e fundador de nao, Jasper. Vémonos nunha cafetería na que comezamos por preguntarlle como se senten, tras un éxito que non deixou de crecer e que pararon no mellor momento por vontade propia

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/12/01_jasper-vocalista-nao-satisfaccion-plena-18-decembro-2020.mp3

A música galega vive un dos seus mellores momentos. O concerto “Adeus e grazas” que agora se edita en DVD reuniu a máis de 20 artistas para tocar con Nao, Jasper fala de camaradería e da necesidade de colaborar para ser máis fortes

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/12/02_jasper-vocalista-nao-camaraderia-18-decembro-2020.mp3
Imaxe de Sandra Mato

Jasper fala con seguridade, ese ter claro o que querían facer é posible que sexa unha das claves do éxito. Preguntámoslle por ese pouco de ego que hai que ter para subir a un escenario e enseguida explica que non serve de nada sen outro tanto de humildade

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/12/03_jasper-vocalista-nao-ego-e-humildade-18-decembro-2020.mp3

A música de Nao e un derroche de enerxía en directo pero é na produción onde atopamos un coidado exquisito. Os seus temas que anos despois soan igual de ben e de actuais. Jasper recoñece que foi unha das súas obsesións desde o primeiro día, atopar un son propio

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/12/04_jasper-vocalista-nao-discos-coidados-18-decembro-2020.mp3
Imaxe de Salva Moreira

O País Vasco e Cataluña son dúas referencias en canto a estudos de gravación, por eles pasan os mellores e a experiencia acumulada de tantos anos deixase notar en todos os grupos que se achegan alí

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/12/05_jasper-vocalista-nao-pais-vasco-catalunha-18-decembro-2020.mp3

O outro compoñente do traballo de Nao ao longo de estes anos foron as composicións, un punto reivindicativo sen abandonar os sentimentos como ben nos conta Jasper

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/12/06_jasper-vocalista-nao-reivindicacion-e-sentimento-18-decembro-2020.mp3
Imaxe de Loli Fernández

Cando se pregunta polo apoio que se da a cultura e a música. Defende o apoio pero non unha cultura subvencionada. O problema non é só a falta de apoio, é que se goberna en contra

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/12/07_jasper-vocalista-nao-falta-de-apoio-18-decembro-2020.mp3

E chega o momento da pregunta, por que? decidiron publicar tres últimos discos nos que puxeron todo o que levaban dentro. Deron un último concerto e, no mellor momento, marcharon para casa. Jasper o explica así

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/12/08_jasper-vocalista-nao-porque-se-foron-18-decembro-2020.mp3

Romanticismo e ideoloxía é unha combinación explosiva que pode dar resultados como a desaparición dun grupo como Nao. Quen sabe, as veces os xestos tolos de alguén, si é que son, inspiran a outros para avanzar. Antes o despois volveremos a saber de Jasper ou de algún dos seus compañeiros, é algo inevitable porque a paixón coa que fala so pode dar novas ideas. Mentres todo iso chega quédanos a súa música.

Imaxe de Sandra Moreira

Post navigation

Previous: Carta ao director: una rotura que sale cara
Next: A visita de Papá Noel abre a programación do Nadal de Frades

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.