Falamos nas nosas Músicas na Linde con hugo Guezeta, cantante da Sondarúa, rapeiro, neofalante e que en dous meses sacará a rúa o seu prieiro disco.
Músicas na Linde, 15 de outubro do 2024 – Xa coñecíamos a Hugo Guezeta como cantante de SondaRúa, unha faceta rebelde e reivindicativa que levou tamén a algunhas pezas en solitario nos últimos tempos. Agora comeza unha andaina en solitario no que se presenta moito máis emocional. Quedamos con el para falar do disco que sacará nun par de meses e de quen é Hugo Guezeta.
Para comezar é un tipo serio, parco en palabras, un ten que ir tirando do fío e as cousas van saíndo por que un rapeiro, despois de todo, quere falar. Nos primeiros adiantos do larga duración, que sairá a finais de novembro ou decembro, escoitamos a un artista máis maduro, nos preguntamos si cos anos chega a calma ou o que chega é outra forma de dicir as cousas
Unha de esas formas é cantar. Hugo Guezeta vólvese máis cantante, sen deixar de lado o rap. Este foi tamén un dos motivos de que este sexa un traballo que leva xestando máis dun ano.
A primeira canción gravouse hai un ano. Foi un proceso premeditado xa que Hugo sabía como quería que fora o disco e decidiu darlle o tempo que precisaba.
Hugo Guezeta comezou a rapear con dezaseis anos, o fixo en castelán e despois, con 18, comezou a falar e cantar en galego. Foi unha decisión meditada que mostra que hai esperanza para o galego.
Preguntámoslle polo momento que vive a música en Galicia, único desde o noso punto de vista, e aproveitamos para saber que escoita e nos sorprendemos un chisco con algúns dos estilos.
Quedamos coa sensación de que Hugo Guezeta vai sorprender ao seu público nos vindeiros anos. Os adiantos do seu disco (“O Noso Tempo”, “Feridas”, “De Volta” , “Cantare” e “A Toleira”) son pezas deseñadas ao milímetro, nas que ten moito que ver o produtor Peter Petrowski, que anticipan o moito é bo que ten Hugo por sacar de dentro.
Non deixedes de escoitalo se aínda non o fixestes, unha vez que comecedes xa non hai volta atrás.