Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Músicas na linde

Músicas na Linde: Fillas de Casandra presentan “Tertúlia”

Portada de "Tertulia" de Fillas de Casandra

Portada de "Tertulia" de Fillas de Casandra

Músicas na Linde, 27/04/2026 – Fillas de Casandra lanzaban o pasado venres “Tertúlia” un disco dos que compre escoitar en varias ocasións para poder debullar todo o que contén. Si na primeira parte parece unha rave, na segunda aflora toda a delicadeza das voces de María SOA e Sara Faro.

O disco, editado por Altafonte, define moito mellor que o seu primeiro traballo (“Acrópole”, Tremendo Audiovisual, 2023) o estilo de Fillas de Casandra. A electrónica non asoma, faise presente na metade do disco e toma o control dos temas e do ouvinte.

Imaxe promocional de Fillas de Casandra
Imaxe promocional de Fillas de Casandra

Cando a un pésanlle as pernas de tanto movelas chega ao mar da tranquilidade. Fillas de Casandra baixan tanto o ritmo e se volven tan orgánicas que chegan a xogar co estilo Lo FI como sucede en “Amor”, arrólannos con algo moi próximo a unha habanera como  en “Verbena” ou déixanse rodear por sons moito máis orgánicos como en “Déixate ver”.

“Tertúlia” ten máis que música, ten contido. 12 temas nos que Fillas de Casandra abordan os afectos, a loita pola liberdade individual ou a xustiza social; e nos que contan coa colaboración de artistas da escena estatal como Abraham Cupeiro, Ede, Pipiolas e Zetak.

María SOA e Sara Faro están moito máis presentes en todo o que envolve ao disco, desde a parte máis musical á máis visual. O disco ten ademais o seu propio himno “Lodos” que convida a sumarse á “Tertúlia” o á festa porque as dúas cousas están en este traballo.

“Tertúlia”, unha idea

“Tertúlia” utiliza a cadeira como fío condutor e símbolo central do proxecto. Un elemento presente e clave no imaxinario popular para os encontros informais, as reunións veciñais e a transmisión oral. Este concepto transfórmase na portada do álbum a través de doce pezas escultóricas, unha por cada canción, creadas polo colectivo As dúas e punto. A imaxe visual do proxecto contou tamén coa fotógrafa Arancha Brandón e a deseñadora Kika V. Ramil.

 A gran presentación de “Tertúlia” terá lugar o 9 de maio no Recinto Feiral de Pontevedra. O escenario transformarase nunha gran praza aberta onde Fillas de Cassandra citarán ao público para poñer, por fin, a palabra no centro. As entradas para o encontro, no que xa confirmaron a súa presenza Ede e Pipiolas, están á venda en https://woutick.com/es/entradas/fillas-de-cassandra-presenta-Tertúlia  .

Post navigation

Previous: Problemas de accesibilidade, humidades, instalación eléctrica… no CEIP O Coto de Negreira
Next: O Museo do Pobo Galego celebrou os 50 anos do seu Padroado

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.