Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde,  Tona publica “Cruseiro”

tona publica cruseiro_2_ 3 decembro 2025

Galicia segue a vivir unha explosión de creatividade que leva a creación de novas bandas, a mesturas de proxectos e a unha actividade nunca ante coñecida por estas terras. Un contexto que se alimenta tamén da experiencia dunha boa cantidade de grupos que están celebrando nos últimos tempos aniversarios que superan os vinte anos de carreira.

Tona é o novo proxecto musical do ex Terbutalina Miguel Cernadas e con “Cruseiro” propón un disco “feito para bailar” con muiñeiras, xota e rumba; e que se poderá escoitar por vez primeira ao vivo este sábado, día 6, na Foliada da Fonsagrada.

Non vos equivoquedes, no disco de Tona atopamos trazas de country, rock, e mesmo arranxos orientais en temas como Maio, O Casal ou Carracho. A característica voz de Cernadas dálle ese punto de retranca que os temas tradicionais que escolleron levan implícita nas letras.

“‘Cruseiro” é un EP con cinco temas, editado por Tremendo Audiovisual, que xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais. Tona conta con Miguel Cernadas na voz e composición; Tomás Ageitos (Compañía do Ruído, Das Kapital) na batería e composición; Andrés Real (Oh Ayatollah) ao baixo; Roberto Comesaña no acordeón; e Gutier Álvarez no violinofón.

Todos eles acompáñanse de Víctor Álvarez como coautor, arranxista e técnico de son ao vivo. Este sábado, 6 de decembro, a partir das 12.00 horas, o público poderá descubrir en directo a música de Tona na 10ª Foliada da Fonsagrada.

Para a banda, “Cruseiro” ten “un pouco de todo”. “Ten harmonía, ten melodía e ten retranca”, di Cernadas. “É unha pota na que se funden melodías, ritmos e contos; é o cazo onde cociñamos Tona”, asevera Ageitos. Ao fío, Álvarez alude á “sonoridade singular” do proxecto, que combina melodías tradicionais con blues, pop e rock, e “que alenta os mediodías e seráns de baile”.

 “Cruseiro” preséntase, segundo o seu cantante, como unha “apoloxía da aldea, da lingua, do noso carácter e da nosa tradición”. Os cinco temas que compoñen o EP (‘Carracho’, ‘O casal’, ‘Rhumba95’, ‘Maio’ e ‘Asubío’ ) dan boa conta dos ritmos e melodías tradicionais do país -como ‘A saia da Carolina’ que se descubre no tema ‘Maio’-, pezas que convidan a sacar puntos, raros ou non, para non deixar de bailar.

Post navigation

Previous: Retorno a Compostela
Next: Comeza na Pobra a escavación no Castro da Croa,

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.