Músicas na Linde, 31 marzo do 2023 – Hoxe venres comeza en Compostela o ciclo De Lugares e Órganos que durará ata o vindeiro 8 de abril tal e como contamos hai uns días.
Trátase dunha oportunidade para escoitar un son único en lugares que forman parte do patrimonio da humanidade que é Compostela. De Lugares e Órganos e unha desas xoias agochadas na saturada programación da cidade e por iso decidimos coñecer un pouco máis do ciclo.
Quedamos na Igrexa da Universidade coa coordinadora, Belén Bermejo, e un dos músicos que participan no festival, Enrique López. Belén cóntanos que se trata dun ciclo pensado para a cidade que despois de oito anos conta cun público moi fiel. Compostela ten arredor de 18 órganos, a maioría nun excepcional estado de conservación
Enrique cóntanos un pouco máis sobre o mundo dos órganos, OS TIPOS QUE HAI EN Compostela e as dificultades de mantelos e restauralos
Tocar un órgano é algo máis complexo do que poida parecer. O músico ten que exercer ademais de técnico de son porque tocar máis ou menos forte en espazos con unha reverberación tan acusa implica modular a velocidade. Por outra banda, instrumentos feitos de madeira e coiro varían moito en espazos húmidos como as igrexas e conventos
De Lugares e Órganos é un festival que, en certo modo, está pensado para sorprender. Belén explícanos as reaccións dos que chegan por primeira vez a un dos concertos ou a calquera outro dos espectáculos, non é só o son se non tamén o espazo
Belén destaca a variedade da programación de este ano. En ela hai que poñer o foco do roteiro que se fará sobre as vivencias na cidade de Mariano Tafall, un músico e luthier que escribiu no século dezanove un manual de construción de órganos
Non nos resistimos a preguntarlle a Enrique se non ten as veces a tentación de tocar pezas de música contemporánea. A resposta sorprende non tanto pola confirmación de que é habitual facelo se non pola parte máis bromista que asoma tras a suposta seriedade dos organistas
De Lugares e Órganos rematará o vindeiro 8 de abril polo que tedes tempo de asistir a unha serie de concertos moi especiais. Espazos e músicas que invitan ao repouso e reflexión, algo cada vez máis difícil de atopar no acelerado mundo no que vivimos. Unha xoia da programación cultural de Compostela que esperamos que continúe moitos anos.
Toda a programación en este enlace