Músicas na Linde, 24 de febreiro do 2023 – Hoxe sae á rúa o novo traballo de David Regueiro, un ourensán afincado, e namorado, de Compostela que sente a mesma paixón polo gipsy jazz.
“Perfect Match!” conta coa colaboración do violinista Alexandre Cavaliere, un dos intérpretes máis prestixiosos a nivel internacional do jazz manouche. David Regueira completa un cuarteto con dous dos seus colaboradores habituais, Juyma Estévez e Gonçalo Mendoça.
Falamos con el nas oficinas de Nave de Lata, unha nova cooperativa que nace da unión de Luneda Producións e Tremendo Audiovisual, e á que lle desexamos moita sorte. O jazz manouche é un estilo que nace nos anos trinta do pasado século cando unha serie de guitarristas xitanos, entre eles o referente Django Reinhardt, mesturan os seus temas co swing. Comezamos preguntando a David Regueiro como chega a dedicarse por enteiro a unha música con máis dun século
Nos últimos anos esta música, que nunca pasou de moda, volveu ao primeiro plano da actualidade grazas ao revival do swing que David Regueiro viviu en primeira persoa en Vigo
Ademais da música, Regueiro sente paixón por Compostela. Unha cidade da que destaca a escena cultural que ten e que o inspira xa que ten publicadas pezas sobre as portas de Santiago e agora, en este “Perfect Match!”, inclúe unha dedicado ás Crechas, local co que colabora
A participación do violinista belga Alexandre Cavaliere nace dun dos moitos, e bos, festivais de música de Galicia. O Jazz de Ría, que se celebra en Cedeira, serviu para que puideran tocar xuntos e entrar no estudo de gravación
“Perfect Match!” É un disco no que un atopará pezas que poderían estar escritas en 1930 pero tamén atopará influencias de distintos tipos, mesmo un bolero. Regueiro explica que tivo que afundirse no gipsy jazz para poder despois deixar que todo o que sabía de antes aparecera
O disco é un reflexo do artista. David Regueiro é un home calmado mesmo cando fala do que máis lle gusta. Pezas que nas que atoparemos un refuxio cando queiramos fuxir da loucura diaria. David prepara xa os directos de este disco que serán unha oportunidade de escoitar toda a forza de este “Perfect Match!”.