Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde: Catuxa Salom

Catuxa-Salom-slide-25-novembro-2024_113529_r

Músicas na Linde, 25 de novembro do 2024 – Calquera día é bo para falar de música, pero si é o 25 de novembro mellor que sexa unha muller a que fale e se ten o carácter de Catuxa Salom mellor aínda.

Catuxa Salom ven de publicar o seu primeiro álbum que leva por título “Cāldo”, pensado para “facer bailar” e no que mestura todo o poso que leva acumulando desde que saíu da Arxentina e comezou a percorrer o mundo, ela mesma nos conta quen é

A súa música é un espazo no que entra de todo, unha fusión que reflicte o que é ela mesma como persoa. Cancións nas que a influencia arxentina está moi presente pero que soan actuais.

“Cāldo”, o disco que ven de publicar reflicte todas esas combinacións pero tamén a filosofía vital de Catuxa Salom. O disco tivo varios nomes ata chegar a este caldo con personalidade propia, cunha “ā” que se sae do común.

A música de Catuxa é claramente optimista, transmite un sentimento de rebeldía e loita que ánima case desde o primeiro compás. Ela pensa que se trata da súa propia forma de ser, herdada das súas raíces italoarxentinas

Si escoitar “Cāldo” paga a pena a súa posta en escena será tamén algo para non perderse. Catuxa non esquece que comezou tocando na rúa pero, sen deixar ese recordo, quere construír algo no directo que faga reflexionar ao espectador.

Estando o día de hoxe, 25N, próximo, non quixemos deixar de preguntarlle por este tema e esta foi a súa resposta.

Catuxa Salom leva un sorriso posto todo o tempo, é unha muller vital que transmite forza na súa actitude e na súa música. “Cāldo” é unha peza exquisita realizada a imaxe da súa creadora que ten un punto de melancolía; ese sentimento de volver a casa despois de telo pasado moi ben, de chegar ao noso lugar sen deixar de estar onde estivemos. Se pasa por onde esteades non deixedes de seguila.

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros do 18 ao 22 de novembro
Next: Miguel Cavadas gaña o XXXVII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.