Músicas na linde, 7 de xuño do 2023 – Hoxe convidamos a pasear pola linde a Caldo, un grupo que presentará o seu segundo disco, “Lugar na Ponte”, este venres a partir das oito e media no Teatro Principal de Compostela.
Caldo o forman María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita). Lugar A Ponte publicouse o pasado 12 de maio nas principais plataformas dixitais. Producido man a man con Alberto Cernadas, é un disco con dez cortes no que Caldo incorpora novas texturas e atmosferas á súa sonoridade, mais sen renunciar á súa identidade, que agroma e bebe da tradición.
As entradas para a cita, que terá lugar o venres 9 a partir das 20:30 horas no Teatro Principal, están dispoñibles en www.compostelacultura.gal
Falamos por teléfono con Anäis Barbier, a vocalista e que se incorporou ao pouco de formase o grupo como veremos. Estudou piano ata sexto curso profesional pero a entrada na Escola de Música Tradicional de Vigo abriulle as portas dun mundo moito máis divertido e interesante
En esta implicación no trad e no folk tivo moito que ven outro amigo das Músicas na Linde, Xisco Feijóo. Unha persoa, di Anäis, capaz de provocar ganas de aprender un día tras outro
Como dixemos, Anäis incorporouse a Caldo cando xa estaba formado. WEra algo, en certo modo, inevitable xa que Pedro e María vivían con ela polo que participar dos seus ensaios era algo natural
Lugar A Ponte é un disco no que un pode atopar sabores a música tradicional mesturados con jazz ou música electrónica, todo moi traballado para que nada destaque pero todo se escoite. Un disco que precisa de varias escoitas nas que ir descubrindo as capas que o forman
Este venres poderase escoitar nun espazo moi especial como é o Teatro Principal. Será un concerto con bastantes colaboradores, un tanto distinto aos que o trío prepara para o verán
Ademais da participación do produtor e instrumentista crnds, sobre as táboas do Teatro Principal Caldo acompañarase de German Díaz (zanfona), Diego Alonso (saxo), Claudia Abril, Flor Díez e Marta Collazo (voz e pandeireta) e as violinistas Antía Ameixeiras (Caamaño & Ameixeiras) e Begoña Riobó (SonDeSeu).
Caldo é un grupo que ten un futuro moi parecido ao prato que lle da nome. O caldo mellora co paso do tempo e Caldo ten aínda moito que dar se nos fiamos de este disco. Un traballo coidado e elegante que mostra do que son capaces e que, en moitos dos temas, convida a pedir máis, a pedir outro prato. Polo momento desfrutemos de este “Lugar A Ponte” que seguro que dará paso a novas receitas musicais.