Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Compostela
  • Músicas na linde
  • Xeral

Musicas na Linde: Baldur Brönnimann, director da Real Filharmonía de Galicia

Baldur Brönnimann ven de rematar a temporada que conmemorou o trinta aniversario da orquestra

Baldur Brönnimann director da Real Filharmonía de Galicia

Musicas na Linde, 08/06/2026 – Baldur Brönnimann é o director musical e artístico da Real Filharmonía de Galicia, chegou a Compostela hai dous anos e medio e acaba de pechar a tempada do trinta aniversario da orquestra.

 Brönnimann formouse na Academia de Música da cidade de Basilea e no Royal Northern College of Music de Manchester, onde posteriormente sería nomeado titor visitante de dirección.

A súa carreira como director artístico e musical comeza coa dirección titular da Orquestra Sinfónica Nacional de Colombia en Bogotá, posto que ocupou entre os anos 2008 e 2012. Entre 2011 e 2015 asumiu a dirección artística de BIT20, principal conxunto de música contemporánea de Noruega. Ademais, entre 2014 e 2020 foi director principal da Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música á que segue regresando cada temporada.

Nacho Moran

Falamos con el tras o último ensaio, na mesma cafetería do Auditorio de Galicia, sede da Orquestra. Baldur mantén unha idea clara da necesidade de acerca a orquestra á cidadanía, un xeito de devolver os cartos públicos que se empregan para mantela.

Este ano no que se cumpriu o trinta aniversario da Real Filharmonía foi moi satisfatorio para Baldur xa que tivo a oportunidade de desenvolver proxectos moi próximos á veciñanza.

Pese a ese traballo intenso que trata de popularizar a orquestra sen deixar de ser unha Filharmonía, en esta e en case todas as formacións de este tipo, mantense unha barreira que sitúa á formación algo afastada da cidade. As razón, explica Baldur, son moitas e variadas.

O Auditorio de Galicia é un lugar impresionante pero precisamente por iso infunde un certo respecto desde que se construíu. A súa situación, ideal para moitas cousas, impide que sexa visitado más a miúdo cando hai exposicións. Eses condicionantes fan que a diferencia cun concerto na Quintana sexa moita. Os dous teñen vantaxes e atrancos.

Baldur vive en España desde hai 13 anos pero estivo traballando en Colombia, Noruega ou Oporto. A dirección da Real Filharmonía doulle a posibilidade de coñecer como funciona o “ecosistema” español. Tivo que aprender sobre como somos e como se pode traballar con nos.

Que escoita un director de orquestra? Por suposto música clásica pero, dependendo do momento, Baldur escoita  moita música en castelán e artistas moi mozos; desde Rita Payes ata Rodrigo Cuevas.

Baldur Brönnimann non deixa de pensar en ningún momento, un case pode escoitar como se moven os engranaxes dentro da súa cabeza. Acercar a Real Filharmonía á sociedade segue sendo un reto para él pero non se pode negar que dou pasos.

A Real Filharmonía, mesmo como o propio Auditorio e outras moitas cousas de Compostela, non está valorada dabondo. Segue faltando un sentimento de pertenza á cidade, non na orquestra pero si na cidadanía; e iso pese ao traballo de Baldur e de todos os directores anteriores.

Hai unha tarefa pendente en Compostela, a de integrar o Auditorio e a Real Filharmonía, na cidade. Que sen moverse do sitio pase de estar cerca a estar no centro, polo menos da conversa e da axenda. Baldur Brönnimann sexa posiblemente o máis adecuado para facelo, so hai que escoitalo.

Post navigation

Previous: Éxito da primeira xornada da Maker Faire 2026
Next: A Real Filharmonía abraza o verán

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.