Musicas na Linde, 26 de abril do 2023 – Ataque Escampe veñen de presentar “Cabalgata”, un disco co que rompen un silencio de seis anos e que será presentado en directo este sábado 29 na Sala Capitol.
“Cabalgata” é o resultado dunha constante reflexión sobre a música que fan, e escoitan, e un complexo traballo de produción por conta de Hevi. Un disco cheo de sons dos oitenta, de sintetizadores que non buscan novos sons se non que se recrean no coñecido e, aínda así, producen un resultado único que soa a Ataque escampe. Un produto destinado a ser escoitado en bucle, xa sexa por pracer ou para ir descubrindo en cada ocasión novos sons e novas frases.
Quedamos con dous dos membros de Ataque Escampe, Cibrán e Samuel, nunha cafetería cerca do casco vello de Compostela. Desde o primeiro momento a entrevista é unha conversa, parte de esa reflexión constante sobre o traballo realizado e o publicado. A primeira cuestión sobre si os recordos de estes seis anos son o material co que se fixo o disco lévaos a concluír que o pasado non é necesariamente vello
En certo modo as cancións de este disco soan como lembranzas, cunha certa melancolía ou memoria musical de ese pasado. En realidade o que sucede e, como nos din, que o presente será antes ou despois un recordo, será pasado.
Seguimos falando da temporalidade porque o disco soa coa calidade das gravacións de hoxe en día e o “feeling” de hai 30 anos. “Cabalgata” podería ser un disco dos oitenta remasterizado. En iso ten moito que ver o sintetizador moog e o traballo de Hevi, o produtor.
Outro dos datos que mostran o intenso traballo que hai tras estas cancións e o xeito de facelo, como se repartiron as tarefas, como se pasaron uns aos outros cancións de distintos artistas que foron formando un universo de sonoridades que acabaron por reflectirse na gravación
A conversa prosegue falando de distintos temas, de como naceron, de como se elaboraron… despois de tanto esforzo e de tanto tempo dedicado preguntámoslles si están satisfeitos co resultado
“Cabalgata” é un produto de moi alta calidade. Coidado en todos os seus detalles e feito con moito cariño e profesionalidade. Ao marxe dos gustos de cada quen é un dos mellores traballos publicados nos últimos anos.
Cibrán e Samuel xerán boas vibracións cando un fala con eles. Para un amante da música e un pracer ver como eles, e o resto do grupo, preocúpanse dos pequenos detalles que son os que converten esta produción en algo tan coidado.
Ataque Escampe presentará “Cabalgata” este vindeiro sábado na Sala Capitol. O evento comezará cun combinado de membros da Banda de Lalín. Así, péchase en certa maneira o círculo aberto pola mención á Banda dentro do disco ou a presenza de parte da súa formación no videoclip de “Lamborghini”. Se queredes un consello non deixedes de acudir.