Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde: Antía Muiño

musicas na linde antia muiño 4 marzo 2026

Músicas na Linde 04/03/2026 – Sucede en artistas, producións, espectáculos, proxectos… co ser mesmo do que nace ou vive en Galicia, a melancolía forma parte do noso ADN e Antía Muíño non escapa a esta característica.

Quedamos para falar con ela un día chuvioso, un de tantos que levamos este ano. O doce do seu trato e a súa voz agocha unha muller forte, de ideas bastante claras e ilusionada co seu segundo traballo “Anfibia Por Veces”.

Comezamos sen poder tirar de retranca porque, co inverno que levamos, sacar un disco titulado “Anfibia Por Veces” pode ser acaído de máis. E máis alá da broma o nome e o tema define tamén a relación de Antía co seu entorno.

Antía recoñece como propia esa melancolía da que falabamos pero engade que ten algo de luminosa

Esa melancolía é unha fonte de creatividade. Do mesmo xeito o concepto de anfibia forma parte da forma de ser de Antía e está moi presente no disco.

 Anfibia Por Veces está producido pola propia Antía e Hevi (produtor que vai desde Caamaño & Ameixeiras ata Novedades Carmiña ou FAIA). Ten un son natural que permite apreciar o traballo que hai detrás. Un traballo moi honesto xa que a maioría das pistas foron gravadas con toda a banda metida no estudio e non por patrtes.

No disco podemos atopar trazas de Guadi Galego, Uxía, Ses… algo que sae de xeito natural de Antía e que indica que hai unha transmisión entre xeración que con sorte garantirá a continuidade das contautoras en Galego

O concerto de Santiago será unha festa, iso é o que di Antía Muíño e non temos porque dubidar. Un espectáculo no que  terá colaboracións especiais e que abre o ciclo Fiestra Aberta no que tamén estarán nomes como Ses, Rocío Márquez ou Su Garrido Pombo.

Marchamos baixo a chuvia pensando na naturalidade de Antía e na súa seguridade cando fala. Cremos que é unha artista que ten un longo camiño por diante no que descubrirá novas sonoridades, novos xeitos de cantar e, tal vez, máis de si mesma e do que a rodea; algo que forma parte da xéneses de calquera cantautora. Non deixedes de escoitar Anfibia Por Veces, de cando en vez está ben fuxir do que nos rodea e este disco axuda e moito.

Tedes toda a información do concerto e as entradas no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/anfibia-por-veces

Post navigation

Previous: O derrubo da Ponte de Vidaloiso en Brión deriva nun enfrontamento político
Next: Noia licita a dotación de subministros do albergue da Chaíza

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.