Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na linde, Andrea Pousa

A camiño entre a lusofonía, o latino e o pop máis actual atopamos a Andrea Pousa, Músicas na linde fala hoxe dunha voz e unha muller nacida da fusión de estilos.
Andrea-Pousa---cor-1-©-Fran-Cortizo-slide_r

A camiño entre a lusofonía, o latino e o pop máis actual atopamos a Andrea Pousa, Músicas na linde fala hoxe dunha voz e unha muller nacida da fusión de estilos.

Curtida en viaxes por moitos lugares do mundo actuando para a emigración, Pousa ven de publicar “Retorno” o seu segundo disco de larga duración. Andrea Pousa sempre se sentiu atraída pola música e desde moi nova o seus pasos encamiñáronse cara esta profesión como ela mesma nos conta

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/05/00-andrea-pousa-desde-sempre-24-maio-2021.mp3

Desde hai sete anos combina os seus propios traballos coa participación na empresa de espectáculos Queiman e Pousa coa que poñen en marcha distintos proxectos. Esta faceta da súa carreira reportoulle, e o sigue a facer, unha ampla experiencia na produción e un bo coñecemento da emigración

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/05/01-andrea-pousa-queiman-e-pousa-24-maio-2021.mp3

 

Como sucedeu con moitos proxectos “Retorno” viuse retrasado polo confinamento. A produción, a cabalo entre España e Portugal, recibiu de cheo o impacto do peche de fronteiras

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/05/02-andrea-pousa-valeu-a-espera-24-maio-2021.mp3

O álbum esta producido polo portugués Paulo Borges. O músico, oriundo de Madeira, deixou a súa pegada na parte máis musical do disco

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/05/03-andrea-pousa-producion-de-paulo-borges-24-maio-2021.mp3

 

As letras son na maioría da propia Andrea Pousa. A inspiración nace desa diversidade de experiencias que nace das viaxes e o contacto con outras persoas

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/05/04-andrea-pousa-producion-letras-24-maio-2021.mp3

Andrea Pousa ve o futuro con optimismo. En xuño comezara a xira de este “Retorno” que xa no pasado mes de abril foi presentado en Tui

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/05/05-andrea-pousa-futuro-24-maio-2021.mp3

Unha artta para moitos públicos e un disco este “etorno” para escoitar con calma. Un álbum con doce cancións en castelán, galego e portugués no que descubrir a parte máis latina de Andrea Pousa ao tempo que coñecemos a máis galega.

Post navigation

Previous: Piden no Parlamento que Castro Valente sexa declarado BIC
Next: Boqueixón comeza a construción dunha senda peonil en Codeso

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.