Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde: Andrea Porto (A Banda da Loba)

Promo_Lova_ABDL1_FotodeSoniaGarcia

Músicas na Linde, 31 de xaneiro do 2025 – A Banda da Loba é outro de eses grupos que romperon teito de cristal en esta incrible época para a música que estamos vivindo en Galicia. Desde que no 2017 sorprenderan con “Bailando nas rúas” non deixaron de colleitar éxitos e seguidores.

Imaxe de Sonia García

En este 2025 comezan a xira de presentación de “Lovismo”, o seu quinto disco. Falamos cunha da lobas da Banda da Loba, Andrea Porto. Queremos saber como de complicado foi o camiño ata aquí e xa que este sábado día 1 están na Capitol, en Compostela, como preparan o concerto.

Desde o primeiro momento a Banda da Loba traballou arredor dunha historia para cada disco, un denominador común; algo que nunha industria que esixe máis clips soltos que grupos de cancións pode ser un atranco. Para ela foi un acerto e seguen traballando así.

“Lovismo” é un disco moito máis repousado pero as compoñentes de A Banda da Loba non son tampouco as mesmas, os 8 anos de carreira crean un pouso de madurez que se ve reflectido en este disco. Os temas reivindicativos seguen estando aí pero cunha visión moito máis madura.

Unha diferencia que se nota nun disco moito máis coidado na produción, cheo de pequenos detalles que se descobren peza a peza. Pezas que serán tamén distintas no directo porque, como nos conta Andrea, A Banda da Loba quería aproveitar que os concertos teñen a súa propia enerxía para darlle unha personalidade distinta ao disco.

Hai unha canción cunha sonoridade especial e unha historia agochada nas súas notas. “Xogo de agardar” fala dos primeiros momentos dun amor pero é, ademais, unha canción coa que a guitarrista Inés Mirás agasallou á Banda da Loba antes de deixar o grupo, un tema co queseguirá estando con elas na xira aínda que non toque.

Este sábado 1 de febreiro comezan a xira na Sala Capitol, un lugar especial e un concerto no que contarán con distintas colaboracións e que, como di Andrea, será moi especial.

A Banda da Loba votaron por terra un feixe de tópicos sobre as bandas de mulleres que aínda andaban bailando polas lindes da música en Galicia. Cada disco que sacaron forxou un xeito especial de tocar e de expresar as súas ideas conseguindo un nutrido grupo de seguidores que desfrutan de cada concerto do principio ao fin.

Pepa a Loba, quen inspirou o nome da banda, estaría ben fachendosa de ter unha banda así de arroutada e segura. Con “Lovismo” chegan a unha madurez musical que só anticipa un futuro musical aínda mellor.

Imaxe de Sonia García

Post navigation

Previous: Mina de Touro O Pino, regreso ao futuro
Next: Salvagardar o Espiño

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.